José Blanco Pazos, nado na Baña o 11 de marzo de 1929 e finado en Negreira o 24 de decembro de 2022, foi un político galego do PPdeG. Traxectoria Emigrante en Buenos Aires, onde casou cunha negreiresa, retornou aos 69 anos a Negreira. Presentouse ás eleccións municipais de 1995 en Negreira encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde en 1999 e 2003, sempre con maioría absoluta. Logo de abandonar o PPdeG presentouse á alcaldía de Negreira nas municipais de 2011 polo Partido Blanco de Negreira (PBN) e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PPdeG. En virtude deste acordo, dimitiu en xuño de 2013, e foi sucedido polo líder do PPdeG Juan Rey Maceira. A partir de entón foi primeiro tenente de alcalde e estivo á fronte de varias competencias no goberno municipal. Foi número 2 da lista do PPdeG nas municipais de 2015, porén o PSdeG-PSOE gañou as eleccións, polo que pasou á oposición e renunciou á súa acta pouco tempo despois. Finou en Negreira o 24 de decembro de 2022.La Voz de Galicia, Santiago, 26-12-2022, p. L2.

Distincións

En 2002 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Negreira

Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia Noticia en La Voz de Galicia José Blanco Pazos: “Trabajo y trabajaré siempre para el PP” Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes