El Carallot (en castelán: El Bergantín) é un illote rochoso mediterráneo, único destacable entre un grupo de dez rochas parte das illas Columbretes, situados ao suroeste da Illa Grossa.Hidrographic Office of Unite States; Publications, nº151, p.177 (1920). Pertence xunto co resto do arquipélago a Castelló de la Plana (España).

A súa altitude é escasa, e practicamente está baixo o mar, fóra da súa cheminea volcánica, que se eleva ata unha reducida altitude de 32 metros sobre o nivel do mar. Posúe ademais illotes de moi reducidas dimensións como Cerquero, Baleato e Churruca, á parte de escollos (pedazos de roca), que se teñen que sortear ao ir en embarcacións.

Está protexido mediante as figuras de parque natural e Zona de especial protección para as aves (ZEPA).

Notas

Carallot