Juan José Rocha Carro, nado en Abegondo no ano 1961, é un político galego.

Traxectoria Entrou na corporación de Abegondo como concelleiro do PPdeG nas eleccións municipais de 1999, que supuxeron que o candidato desta formación, José Antonio Santiso Miramontes, revalidase a alcaldía. Volveu ser elixido concelleiro en 2003.En setembro de 2004, Santiso Miramontes dimitiu como alcalde tras ser nomeado Conselleiro de Agricultura no goberno de Manuel Fraga, polo cal Rocha foi elixido novo alcalde.

Nas municipais de 2007 Rocha liderou a Agrupación Progresista de Abegondo logo de que Santiso Miramontes fose designado candidato á alcaldía polo PPdeG en troques del. Tralas eleccións, nas cales conseguiu 4 concelleiros fronte a 6 dos populares, conseguiu mantela alcaldía co apoio de dous concelleiros do BNG e do único do PSdeG. En abril de 2009 perdeu a alcaldía logo de que Santiso Miramontes presentase unha moción de censura co apoio do único concelleiro socialista Manuel Eladio Fernández. Rocha volveu encabezala lista da Agrupación Progresista de Abegondo en 2011, obtendo nesta ocasión tan só 1 concelleiro, retirándose tras ese mandato da primeira liña política.

Obra Abegondo. Un curruncho das Mariñas (1996)

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abegondo

Ligazóns externas Blog persoal de Juan J. Rocha Carro Blog da Agrupación Progresista de Abegondo

Categoría:Alcaldes de Abegondo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes