Ángel Camino Copa, nado en Bardaos (O Incio) o 24 de febreiro de 1944, é un político galego do PPdeG

Traxectoria Emigrou a Barcelona ao cumprir a maioría de idade. Durante 19 anos traballou na SEAT. Retornou ao Incio e presentouse ás municipais de 1983 na candidatura de Alianza Popular. Nas eleccións municipais de 1987 presentouse á alcaldía do Incio encabezando a candidatura de AP e foi elixido alcalde co apoio do CDS. Volveu ser alcalde polo PPdeG con maioría absoluta nas sucesivas eleccións ata 2011, cando perdeu a maioría absoluta e a alcaldía en favor da socialista Laura Celeiro García. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Incio

Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Entrevista en El Progreso. Noticia en El Progreso.

Categoría:Alcaldes do Incio Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1944 Categoría:Galegos de Cataluña