Francisco Godia Sales (Paco Godia), nado en Barcelona o 21 de marzo de 1921 e finado na mesma cidade o 28 de novembro de 1990, foi un piloto de automobilismo catalán, o primeiro piloto español en competir na Fórmula 1. Foi unha personalidade singular que uniu un instinto excepcional para os negocios co amor pola arte e a paixón polas carreiras de automóbiles.
Traxectoria Paco Godia encarna a figura do gentleman driver dos inicios do automobilismo deportivo. Debutou en 1945 no circuíto de Montjuïc, aos mandos dun Hotchkiss, e moi pronto se deu a coñecer internacionalmente participando nas 24 Horas de Le Mans de 1949, xunto a Juan Jover Sañés, co equipo oficial Delage.
Entre 1954 e 1958 disputou o Campionato do Mundo de Fórmula 1, pilotando automóbiles Maserati. Debutou o 28 de outubro de 1951 no Gran Premio de España e logrou un total de seis puntos no campionato mundial, conseguidos con dous 4º postos. Terminou 9º no Campionato de 1956, algo que ningún español conseguiu superar ata Fernando Alonso.
Retirouse da competición en 1969, pero continuou vinculado ao deporte do motor. A súa influencia foi decisiva na construción do Circuíto de Cataluña.
Afeccionado á arte, reuniu unha valiosa colección privada que actualmente se exhibe no Museo Fundación Francisco Godia de Barcelona.
Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Scuderia Milano Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP10 NC 0 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP6 NC 0 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 BELRet FRA7 GBR8 ALE4 ITA4 9º 6 Francisco Godia Sales Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 FRA GBR ALERet PESRet ITA9 NC 0 Francisco Godia Sales Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX8 MONNSC NED 500 BELRet FRARet GBR ALE POR ITA MAR NC 0
Notas
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de España Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1990