Antonio Mouriño Villar, nado na Buratiña (Celanova) o 12 de xuño de 1954, é un político galego.
Traxectoria Administrativo. Nas eleccións municipais de 1987 formou parte da candidatura de Alianza Popular-Centristas de Galicia en Celanova, como representante de Centristas de Galicia. Se ben non resultou inicialmente elixido, unha dimisión en 1989 permitiulle ser concelleiro e ocuparse da área de CulturaDatos tomados de La Región . Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Centristas de Galicia e conseguiu se-la candidatura máis votada con 5 concelleiros, os mesmos que o Partido Popular encabezado por Ricardo Mínguez Abajo, polo que foi elixido alcalde. A finais de 1991 Centristas de Galicia integrouse no PPdeG. Nas municipais de 1995, como cabeza de lista do PPdeG, conseguiu a maioría absoluta,Resultados das eleccións municipais en Celanova dende 1987 situación que se reproduciu nas seguintes eleccións municipais de 1999, 2003, 2007 e 2011. Dimitiu en 2012 para presentarse ás eleccións autonómicas dese ano e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, onde permaneceu ata 2016.
En febreiro de 2023 foi expulsado do PPdeG acusado de pedi-lo voto para o alcalde independente Antonio PugaEl PP expulsa al exalcalde de Celanova Antonio Mouriño por pedir el voto para el actual regidor independiente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Alejandro Mínguez González (2019). 40 anos votando en Celanova, Didot, ISBN 978-84-17495-68-8. Outros artigos Eleccións municipais en Celanova Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia por Centristas de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1954 Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes