A Exposición Nacional da Construción Naval, tamén coñecida como Exponav, é un museo marítimo de Ferrol, adicado á historia da construción naval. Foi inaugurado o 10 de marzo de 2008, e está situado na base naval da cidade departamental.

Características O proxecto naceu dunha iniciativa conxunta da Armada Española e a Asociación de Enxeñeiros Navais de España. Contou coa colaboración de entidades como o Ministerio de Fomento, a Consellería de Industria e de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o concello de Ferrol, a autoridade Portuaria de Ferrol, o campus universitario de Ferrol (Universidade da Coruña) ou Navantia. É unha mostra técnica dirixida tanto ás persoas especializadas no campo da construción e enxeñaría naval, como ao público en xeral.

A apertura do museo culminou a restauración do edificio de Ferreirías, dirixida polo arquitecto Font. A exposición foi comisariada polo contraalmirante enxeñeiro da armada José Castro Luaces.

Véxase tamén

Outros artigos Museo Naval de Ferrol Ligazóns externas www.exponav.org

Categoría:Ferrol Categoría:Museos da provincia da Coruña Categoría:Armada Española