Indogermanische Forschungen (en alemán: Investigacións indoeuropeas) é unha revista académica de lingüística que segue o sistema de revisión por pares. Céntrase basicamente nos estudos indoeuropeos, pero tamén publica contribucións sobre outras linguas e campos da lingüística.
Fundárona en 1892 Karl Brugmann e Wilhelm Streitberg, e actualmente2011 publícaa cada ano Walter de Gruyter. Os editores actuais son Wolfgang P. Schmid e Eckhard Eggers, ámbolos dous da Universidade de Göttingen.
Notas
Categoría:Indoeuropeística Categoría:Revistas de lingüística