Á lus do candil (orixinalmente Á lús do candil), subtitulada Contos a carón do lume, é a primeira obra narrativa do escritor galego Ánxel Fole. En 1952 foi premiada polo Centro Galego de Bos Aires, e en 1953 foi editada por Galaxia, con ilustracións de Xohán Ledo.
Características Os relatos foron escritos na época en que viviu na Veiguiña (O Hospital, Quiroga) e reflicten os costumes e crenzas populares do Incio, Quiroga e o Courel. Conta cun limiar de Salvador Lorenzana,Pseudónimo de Francisco Fernández del Riego o seu valedor en Galaxia.
O libro está composto por unha introdución e catorce relatos. O primeiro deles serve como inspiración dos seguintes, cunha estrutura macro da acción en espiral, creadora do espazo en que se desenvolve. Catro fidalgos van cazar á Serra do Courel, mais fican illados pola neve e pasan as noites na torre en que se aloxan contando contos á luz do candil. Os contos falan de lobos, de premonicións e de aparecidos.
Relatos Terra do Caurel Hai un tempo que vive como administrador dos señores de Basilie na terra brava do Courel. Fala da casa e dos cans, da flora da zona. Tamén dos lugares, do clima, da fauna, das festas, das cantigas e, sobre todo, fai unha boa descrición das particularidades da fala da contorna do Courel e Quiroga. Veñen cazar catro señoritos. Ponse mal tempo e teñen vagar para contar contos na cociña “á lus do candil”.
¡Viña do alén! Na feira de Rubián de Baixo os tratantes xantan e logo botan a partida nun reservado. El ve un home vestido de negro que non parecía do noso tempo. De súpeto desaparece e logo ve que é o mesmo home que está retratado nun cadro. Asústase e baixa á taberna a falar co dono, o Tumbeirón. E este cóntalle a historia do médico don Venancio que non deu salvado da gripe a muller e as fillas. Deuse á bebida e ao xogo e foi perdendo e vendendo todo. O taberneiro mercoulle o retrato e confésalle que tamén se lle apareceu á súa muller. Rematada a partida marchan nas cabalgaduras. El sente como se algo se lle cravase na caluga, volve a cabeza cara a atrás e alí está o home de negro que vira en Rubián…
Tamén fai chiscadelas ao lector/oínte:
O Lordanas Polo medio di:
Conto ambientado en Lugo, que lle contou o seu padriño e sucedeu alá polos finais do século XIX. O enterrador era o Lordanas. Comía e botaba a sesta no cemiterio. Un día esperta tarde e xa con noite, bótase unha boa treboada. Entre os lóstregos ve un home con chisteira que semellaba un defunto, cada vez se achega máis e vai lendo nas lápidas. O Lordanas diante daquela aparición bota a correr e non para ata a casa. E xa non foi home para máis nada, dous meses na cama e para a cova. A meiga de Grolos dixo que collera un aire do outro mundo. O Lordanas morrera por fato.Dous anos despois sóubose todo. O louco Montero andaba falando só, levaba chisteira e tiña mala cara, coma un defunto. Un veciño vírao entrar no cemiterio.
Os lobos Comeza cunha afirmación Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacan as persoas. E iso non é certo. Como o caso do secretario de Caldas que foi comido por eles e iso que levaba un revólver de seis cartuchos. Ó lobo se non se lle fire de morte é pior. Eu matei un con dous tiros de postas… Cecais non se me arrepuxo porque era de día… De noite médralles o corazón e son moi valentes. O señor cura de Peites tamén matou un lobicán. Describe como os lobos “traballan” á xente, como a acompañan, así lle pasou ao Pastrán de Visuña. E logo conta o caso principal do relato:
Era pola Santa Lucía (13 de decembro), nunha noite de moita néboa bótase ao camiño desoíndo os consellos de que quedase a durmir. Os lobos vanse achegando aos poucos e vano traballando. Remata as pedras e os fósforos, aos lobos relócenlles os ollos, un deles arríncalle o caxato, danlle cos rabos nas pernas. Cando xa se ve perdido escoita voces, son os seus tres cuñados e os cans que o andaban buscando. Cae desmaiado. Remata:
Extras para este conto
A Xunta de Galicia, realizou un vídeo sobre o conto. Ogalego.eu ten un comentario completo do conto. Claudio Rodríguez Fer ten un comentario do conto no libro Contos de lobos (1985). Xerais
A caixa de morto Foi antes da Guerra de Cuba, había moitos ladróns polos camiños, algún en bandas.
Describe a casa, os señores, os criados, as terras. E sobre todo o administrador don Froilán e Lombo de Palla. Hai moito medo aos ladróns e hai ouro dentro do pazo. Chegan dous homes cunha caixa de defunto, din que é para unha moza que morreu de parto, queren deixala e volver ao día seguinte collela. O administrador non se nega. Mais el, o rapaz, escoita buligar dentro da caixa e os cans non fan máis ca ladrar cara a ela. Convence a don Froilán que vaia vela. Este toma todas as precaucións, colle a escopeta e Lombo de palla a machada. Van alá e disparan ao cadaleito, sae sangue e o criado remata a faena coa machada. Dentro había un home cun revólver e un coitelo. Estaba todo preparado para roubar o pazo. Ao día seguinte vén a xustiza. O administrador dálle unha onza ao rapaz, que é quen conta o conto:
Arxemiro El e mais Arxemiro criáranse xuntos. Despois el marchou estudar medicina e cando volveu de mozo o Arxemiro chamoulle señorito e el protestou. Quedaron xuntos e foron ás festas cando o rapaz vén de permiso da Guerra de África, no 21 cando o desastre de Annual. Logo á hora de durmir el soña cunha grande serpe cando o vén chamar Arxemiro porque acaba de verse no leito a el mesmo morto. Tenta tranquilizalo. Non o volve ver e acabará sabendo que Arxemiro morreu en Monte Arruit. E remata o relato: Pobre Arximiro!
¡Aleluia! Por problemas de amores marcha un tempo á costa, despois de ir por moitos sitios acaba en Vigo. Anda moito porque ten medo a ir deitarse cedo. Querendo ir cara ao porto pérdese por unha rúa, comeza a escoitar detrás del un ta, ta, ta que o pon nervioso. Escapa para a casa. Métese no cuarto cando volve escoitar o ta, ta, ta e mesmo ve por enriba da porta nos cristais unha figura cadavérica, era o home da cachava que viña por el. Estira o brazo para coller a cadeira e bota moito tempo. Abre os ollos e non hai nada, séntese na gloria e:
O documento Sucedeu estando de mestre en Amandi, uns vinte anos antes. O mozo Manuel está subido a un freixo e ameaza con tirarse porque non o quere a Sabela. A xente tenta convencelo, pero non hai xeito. Nin o seu tío nin o cura. Mais chega a un trato co seu tío, van buscar o pedáneo para que redacte o testamento do mozo e asinarao subido á árbore. No testamento véndelles todos os seus bens aos tíos e renuncia ao cobro por téreno criado. Chega o Fidalgo e ameaza ao rapaz con baixalo dun tiro e darlle unha morte dolorosa. Baixa o rapaz e beben e comen. O tío láiase de que o documento quedase na cima da árbore e o fidalgo se metese onde non o chamaran.
Extras do relato
Hai unha curtametraxe de 1974 inspirada no relato (ficha) (vídeo).
O espello No pazo de Orbande vive a súa tía Rosa María, celibata que tivera amores pero non foran a ramo. Fala do pazo, dos tempos da Francesada. El, que é poeta, vai ir co seu curmán Henrique (estudante de médico) botar unha tempada ao pazo. E coma se o narrador se perdese di:
Unha noite ve saír dun espello un cabaleiro que anda revolvendo nunha mesa, pero o curmán non ve nada. Revolven nesa mesa e ven cartas e documentos do antigo amor da tía. Uns días despois ven que morreu en Madrid don Eugenio Losada de Zúñiga, que fora o namorado da tía. Logo o curmán explícalle que todo fora un soño provocado polo subsconsciente.
Antón de Cidrán O señor de Sabarei contoulle en Lugo o caso. Era moi amigo de Antón de Cidrán, comeron no San Froilán e trataros asuntos de compras. Logo volveron para as casas e no camiño Antón viu por momentos unhas luces que levaban unha caixa de morto. O de Sabarei non lle fai caso. Ao día seguinte Antón foi varear unhas castañas, caeu do castiñeiro e espetouse nun estadullo do carro. Conclúe:
Os difuntos falaban castelao Foi nunha taberna na ribeira do río Sil. Están dous mozos e chega de cazar un labrego rico. Entra un rapaz todo asustado porque ao pasar polo cemiterio escoitou como dentro uns defuntos falaban en castelán (abrázame, amor mío, seremos felices por toda la eternidad). Deciden ir ver o sitio e o cazador leva a escopeta. Escoitan por fóra do muro como conversan en castelán un home e unha muller e falan de quentar os ósos, de levaren con eles dous mozos e o da carabina. Collen tal medo que botan a correr e dispárase a escopeta. Logo sóubose polo enterrador a historia. Eran dous noivos que tiveran a última cita no camposanto antes de fuxiren porque non os deixaban casar. O enterrador cobroulles vinte pesos. E conclúe:
Extras do conto No 2004 fíxose unha curtametraxe de animación sobre este relato (ficha) (vídeo)
A cabana do carboeiro Hai vinte anos que el mais o Ricardo foron ver a meiga de Torgán. O Ricardo para saber que era da súa muller e el para preguntar pola débeda de cen pesos do carboeiro. A meiga tiña “arrautos” nos que ladraba coma un can e despois tiña as visións e cobraba ben por elas. Ao Ricardo dille que a muller vai ter un fillo que non é del. Sobre a débeda aconsella que vaia pronto cobrala que queren matar o carboeiro. Alá se vai ao monte sen que o vexan. Entra na cabana e xa atopa o carboeiro morto, envelenado. Escóndese porque chegan tres homes armados para comprobar que está morto, ven que alí andou alguén e póñense a perseguilo. Malamente dá escapado das balas. Remata:
O traxe de meu tío
A tía Ramona é mestra, muller moi traballadora, que coida o xardín e dálles clase aos rapaces da familia. Vai levar ao rapaz de dez anos ver o tío Ramón (irmán do avó) que está mal do corazón e vive noutro lugar. Pasan polo cemiterio facerlle un encargo ao enterrador Lorán. Van á casa do tío e a Ramona cóntalle con moito segredo que tivo unha visión na que se abrían as portas do armario e saía un traxe voando. O tío interpreta que vai morrer pronto. Lembra que sendo novos el e o irmán mercaron dous traxes en Lugo. O irmán morreu dous meses despois e el xa non volveu poñer o traxe que está no armario do corredor. Volven tía e sobriño para a casa. Aquela mesma noite véñenos avisar de que morreu o tío Pepe. E levou o traxe posto para a cova.
As meigas atinan sempre Van de Savane para Vigo cun camión de madeira. Cruzan coa meiga de Torgán:
Á Varisa roubáronlle tres pitas e foi preguntar á meiga quen sería o ladrón. Respondeulle ela que pensase ben, que era veciño e que as levaría á feira de San Clodio. Alí estaba a Subela coas galiñas. E a Varisa pensou en vingarse. Prometéralle á meiga un cabuxo e como lle pareceu moito polas tres galiñas deulle só unha ducia de ovos. Pero á meiga non lle pareceu ben e díxolle: pois hancho comer os lobos. O caso é que o fillo da Varisa topou vindo co pai do monte uns cachorros de lobo e tróuxoos para a casa. E un día os cachorros paparon o cabuxo. O pai enfadouse e matounos e ata lle deu unha labazada ao fillo que protestaba.
O tesouro miniatura|Imaxe das dúas torres e a igrexa que inspiraron o conto