José María Castelo Mosquera, coñecido como Doctor ou Casteliño, nado en Iñás (Oleiros) en 1920 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Incorporouse á guerrilla en 1943 xunto ao grupo de Francisco Rey Balbís que se movía pola zona das Mariñas. Dende 1945 formou parte do Grupo Volante A da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia creado polo Comité provincial do PCE de Lugo para artellar as actuacións na Galicia setentrional. Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 xunto con Francisco Paz Fornos, Manuel Ramiro Souto e Emilio Pérez Vilariño.Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4. Caeu abatido pola Garda Civil en Paramos o 5 de marzo de 1949 ao fuxir logo de ser descuberto o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Xunto a el morreron Vicente Peña Tarrasa e Manuel Pena Camino, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga.
O seu corpo foi atopado en 2016 nunha fosa común, xunto a un lateral da igrexa de Santa María de Paramos, no Val do Dubra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes