José Adrio Barreiro, nado en Pontevedra en 1910 e asasinado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria dereita|miniatura|250px|Sepulcro no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, xunto a súa muller e o seu sogro. Fillo de José Adrio Mañá e irmán de Francisco (veterinario) e Gonzalo Adrio Barreiro (avogado). Foi Gobernador Civil de Ourense en 1933. Nas eleccións de novembro de 1933 integrou a candidatura do Partido Republicano Radical Socialista con Celestino Poza Cobas e Benito Méndez Rodríguez.El Pueblo Gallego, 16-11-1933, p. 10. Participou como representante radicalsocialista e das esquerdas afins no mitin contra o fascismo e a lei de amnistía do Cine Coliseum de Pontevedra en abril de 1934, xunto con Delmiro Sarmiento, Desiderio Comesaña Prado, Ramón Suárez Picallo e Manuel García Filgueira.El Pueblo Gallego, 24-4-1934, p. 14. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado membro da xestora da Deputación de Pontevedra e elixido presidente o 19 de marzo.El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p, 12. Cesou o 26 de marzo. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República. Dirixente de Unión Republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado e condenado á pena de morte. Foi fusilado o 12 de novembro de 1936.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6.

Vida persoal

Estaba casado con Aurora Poza Pastrana, filla de Celestino Poza Cobas e irmá dos médicos Celestino e Luis Poza Pastrana (tamén asasinado).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados