José Ramón Gómez Osorio, nado en Vilar (Pousada, Baleira) o 14 de xaneiro de 1882 e finado en Madrid o 24 de febreiro de 1940, foi un político e dirixente socialista galego.

Traxectoria Traballou como ebanista en Madrid. Veu a Vigo como ferroviario da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, fundou o sindicato e en 1916 presidiu o Sindicato Metalúrxico de Vigo. Foi secretario do Sindicato de Ferroviarios da UGT de Galicia. Despois da folga xeral de 1917 pasou a Portugal. En 1918 foi vivir a Cangas de Morrazo e en 1919 foi secretario da Alianza Mariñeira. En 1919 e 1920 foi candidato a deputado a Cortes polo PSOE. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi representante de Galicia no pleno do PSOE (1924) e foi xulgado por inxurias ao exército e condenado no sanatorio de Taboada onde coincidiu con Julián Besteiro en 1927. En 1928 regresou a Vigo.

Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi concelleiro en Salamanca. Foi preso en 1934 por protestar contra a destitución do alcalde de Vigo. Gómez Osorio pertencía á corrente besteirista do socialismo.(Graham, 301) Durante a Guerra Civil Española foi gobernador civil de Madrid dende o 17 de abril de 1938Gaceta de la República: Decreto nombrando para el cargo de Gobernador Civil de la Provincia de Madrid a D. José Gómez Osorio. e último presidente da Comisión Executiva Nacional do PSOE no interior (elixida poucos días antes do final da Guerra, o 20 e 21 de marzo de 1939, coa pretensión de converterse na dirección do partido no exilio; a subseguinte represión franquista acabou con case a metade dela).(Graham, 300)

Durante o golpe de Estado do coronel Casado foi apresado por tropas do PCE en El Pardo no seu intento de afogar o golpe, sendo liberado logo da capitulación comunista.(Graham, 298) Ao rematar a guerra foi detido polas tropas franquistas no porto de Alacant, internado no campo de Albatera e levado posteriormente á prisión de Porlier. O 24 de febreiro de 1940 foi fusilado xunto a Ricardo Zabalza, secretario xeral da Federación de Trabajadores de la Tierra de la UGT, o avogado e concelleiro de Madrid José Serrano Batanero e un mozo anarquista.Fusilamento de Gómez Osorio

Vida persoal

Casou con Elvira Pérez e tivo dous fillos, Bienvenido e Sócrates. Este último, promotor durante a Guerra da nova federación socialista xuvenil, non relacionada coas JSU, permaneceu encarcerado ata 1945, na mesma cadea que o seu pai, e posteriormente colaborou na reconstrución do PSOE na clandestinidade. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Quienes eran las víctimas de la represión franquista en Madrid

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Gobernadores civís de Madrid Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Ebanistas