Luís Cornide Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1884 e finado en Madrid o 6 de novembro de 1946,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-11-1946, p. 3. foi un avogado, empresario e político galego. Foi o primeiro presidente do Deportivo da Coruña e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936.
Traxectoria Nacido no concello de Monforte de Lemos realizou os seus primeiros estudos no Colexio dos Escolapios da vila lucense. Trala morte de seu pai, trasladouse coa súa familia á Coruña, onde estudou bacharelato no Eusebio da Guarda. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi secretario da Sala da Audiencia Territorial de Galicia na Coruña, cidade na que tamén tivo un bufete de avogados.miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936. Destacado no sector eléctrico, foi presidente da sociedade Fábricas Coruñesas Gas y Electricidad e conselleiro da Sociedad General Gallega de Electricidad. Tamén foi representante da Región Noroeste na Cámara Oficial de Productores y Distribuidores de Electricidad. Foi secretario da Liga de Amigos da Coruña e e colaborador do xornal La Voz de Galicia. Foi o primeiro presidente do Deportivo da Coruña de 1906 a 1908 e tamén do Patronato de la Caridad, hoxe Residencia Padre Rubinos. Foi líder da Asociación Popular Coruñesa e membro correspondente da Real Academia Galega, e participou na promoción da Cidade Xardín.
Membro de Agrupación Social Republicana, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936 como galeguista independente e trabou amizade con Indalecio Prieto. En 1936 foi nomeado secretario de goberno do Tribunal Supremo da República, pero cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do servizo.
Viviu fóra de España ata o seu regreso en 1938 e a súa ideoloxía conservadora non lle evitou ser xulgado na Coruña por un consello de guerra. Condenado a 12 anos de prisión por rebelión, pasou case un ano no cárcere de El Dueso. Tras ser rehabilitado viviu en Madrid ata a súa morte en 1946.
Vida persoal Casou con Fe Brage.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Historia do Deportivo da Coruña Presidentes do Deportivo da Coruña Ligazóns externas "Los orígenes" canaldeportivo.com Ficha en galegos.info
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Presidentes do Deportivo da Coruña Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Avogados de Monforte de Lemos