John Gavin Malkovich nado en Christopher (Illinois) o 9 de decembro de 1953, é un actor, produtor e director de cine e teatro estadounidense. Ó longo de 30 anos de carreira, Malkovich apareceu en máis de 70 filmes. Polos seus papeis en Places in the Heart e In the Line of Fire recibiu nomeamentos ós Premios Oscar. Tamén apareceu e filmes louvados pola crítica como O imperio do sol, The Killing Fields, As amizades perigosas, Of Mice and Men, Con Air, Being John Malkovich, e RED, e produciu moitos filmes como Juno e The Perks of Being a Wallflower.
Traxectoria Malkovich naceu en Christopher, Illinois. Segundo o propio Malkovich, non está certo de se a súa ascendencia paterna é croata, montenegrina ou bosníaca.Do danas ne znam jesam li Hrvat, Crnogorac ili Bosanac (transl: Up to today, I do not know whether I am Croat, Montenegrin, or Bosnian) O seu pai, Daniel foi moi polifacético (escritor, xornalista, fotógrafo), destacando o seu labor na conservación do patrimonio arquitectónico e natural. A súa nai Joe Anne era de ascendencia francesa, alemá, escocesa e inglesa. Foi editora dun xornal local de Benton (Illinois), onde Johnn pasou a súa infancia, e era propietaria do Benton Evening News e do Outdoor Illinois Foi á Universidade do Estado de Illinois, pero non rematou os seus estudos e, finalmente, decantouse polo teatro e máis tarde polo cinema.
Malkovich ten tres irmás máis novas e un irmán máis vello. Estivo casado coa tamén actriz Glenn Headly entre os anos 1982 e 1988. Máis tarde, en 1989, casou coa súa actual esposa Nicoletta Peyran, asistente de dirección, a quen coñeceu na rodaxe do filme The Sheltering Sky. Teñen unha filla, Amadine, nada en 1990, e un fillo, Lowry, nado en 1992.
Gran fan de cultura mediterránea, viviu na Provenza durante moitos anos e visita regularmente Cataluña, xa que é un apaixonado da arquitectura modernista e un grande experto sobre a figura do arquitecto Josep Maria Jujol.
Filmografía Actor {| class="wikitable" |- style="background:#B0C4DE;" ! Ano ! Filme ! Papel ! Notas |- |rowspan="1"| 1983 || Say Goodnight, Gracie || || |- |rowspan="3"| 1984 || Places in the Heart || Mr. Will || |- | The Killing Fields || Al Rockoff || |- | True West || Lee || |- |rowspan="2"| 1985 || Death of a Salesman (filme de 1985) || Biff Loman || (Feito para televisión) |- | Eleni || Nick Gage || |- | 1986 || Rocket to the Moon || Ben Stark || (Feito para televisión) |- |rowspan="4"| 1987 || The Glass Menagerie || Tom Wingfield|| |- | Making Mr. Right || Dr. Jeff Peters/Ulysses || |- | O imperio do sol || Basie || |- | Santabear's High Flying Adventure || Papá Noel (voz) || (Feito para televisión) |- |rowspan="2"| 1988 || Miles from Home || Barry Maxwell || |- | As amizades perigosas || Vicomte Sébastien de Valmont || |- | 1990 || The Sheltering Sky || Port Moresby || |- |rowspan="3"| 1991 || Old Times || Deeley || (Feito para televisión) |- |The Object of Beauty || Jake || |- |Queens Logic || Elliot || |- |rowspan="3"| 1992 || Sombras e néboa || Pallaso || |- | Of Mice and Men || Lennie Small || |- | Jennifer Eight || Axente St. Anne || |- |rowspan="2"| 1993 || In the Line of Fire || Mitch Leary || |- | Alive || Carlitos Paez || |- | 1994 || Heart of Darkness || Kurtz || (Feito para televisión) |- |rowspan="2"| 1995 || O Convento || Michael || |- | Beyond the Clouds || O director|| |- |rowspan="3"| 1996 || Mary Reilly || Dr. Henry Jekyll/Mr. Edward Hyde || |- | The Portrait of a Lady || Gilbert Osmond || |- | The Ogre || Abel Tiffauges || |- | 1997 || Con Air || Cyrus 'The Virus' Grissom || |- |rowspan="2"| 1998 || The Man in the Iron Mask || Athos || |- | Rounders || Teddy KGB || |- |rowspan="3"| 1999 || Being John Malkovich|| John Horatio Malkovich || |- | The Messenger: The Story of Joan of Arc || Carlos VIII de Francia || |- | Le Temps Retrouvé || Le Baron de Charlus || |- |rowspan="2"| 2000 || Shadow of the Vampire || F. W. Murnau || |- | Les Misérables (miniserie) || Javert || |- |rowspan="3"| 2001 || Knockaround Guys || Teddy Deserve || |- | I'm Going Home || John Crawford || |- | Les âmes fortes ||Monsieur Numance || |- |rowspan="4"| 2002 ||The Dancer Upstairs || Abimael Guzman || Tamén director |- | Hideous Man || Narrador || Tamén director e guionista |- | Napoléon (serie) || Charles Talleyrand || |- | Ripley's Game || Tom Ripley || |- |rowspan="3"| 2003 || Johnny English || Pascal Sauvage || |- | Um Filme Falado || Captain John Walesa || |- | Adaptation. || Himself || |- |rowspan="1"| 2004 || The Libertine || Charles II || |- |rowspan="2"| 2005 || The Hitchhiker's Guide to the Galaxy || Humma Kavula || |- | Colour Me Kubrick || Alan Conway || |- |rowspan="4"| 2006 || Art School Confidential || Professor Sandiford || |- | Eragon || Galbatorix || |- | Klimt || Gustav Klimt || |- | The Call || Priest || |- |rowspan="4"| 2007 || Drunkboat || Mort || |- | In Transit || Pavlov || |- | Beowulf || Unferth || |- | Polis is This: Charles Olson and the Persistence of Place || Si mesmo || Documental |- |rowspan="2"| 2008 || Burn After Reading || Osborne Cox || |- | Changeling || Reverend Briegleb || |- |rowspan="4"| 2010 || Jonah Hex || Quentin Turnbull || |- | Secretariat || Lucien Laurin || |- | Red || Marvin Boggs || |- | Disgrace || David Lurie || |- |rowspan="2"| 2011 || Transformers: Dark of the Moon || Bruce || |- |rowspan="1"| 2012 || Lines of Wellington || Xeneral Wellington || |- |rowspan="4"| 2013 || Chavez || TBA || |- |Warm Bodies || Xeneral Grigio || |- |Siberian Education || Avó Kuzya || |- |RED 2 || Marvin Boggs || |- |rowspan="1"| 2014 || Cut Bank || ||
Director Johnny Loves Bobby (1989) Strap-Hanging (1999) The Dancer Upstairs (2002) Hideous Man (2002) Blazing Satchels (2008) Lady Behave Guión Hideous Man (2002)
Produtor The Accidental Tourist (1988) (produtor executivo) Ghost World (2001) The Dancer Upstairs (2002) The Libertine (2004) Kill the Poor (2006) Art School Confidential (2006) Juno'' (2007)
Notas
Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1953 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa