Martin Chalfie, nado o 15 de xaneiro de 1947 en Chicago, Illinois (USA), é un científico estadounidense galardoado, xunto co estadounidense Roger Y. Tsien e o xaponés Osamu Shimomura, co Premio Nobel de Química do ano 2008 polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP).

Estudos científicos Chalfie graduouse na Universidade Harvard e é profesor de bioloxía na Universidade de Columbia. O laboratorio de Chalfie utiliza ao nematodo Caenorhabditis elegans (C. elegans) para investigar o desenvolvemento e funcionamento das neuronas. publicou máis de 200 artigos.Google Scholar

Mentres traballaba no LMB en 1984 publicou un influente artigo «The Neural Circuit for Touch Sensitivity in C. Elegans», xunto a John Sulston e Sydney Brenner."The Neural Circuit for Touch Sensitivity in C. Elegans"

Chalfie foi o primeiro que logrou introducir a GFP noutros organismos, nos cales a proteína tamén emitiu a fluorescencia. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2008 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2008 Perfil de Martin Chalfie en NNDB El Nobel de Química premia el descubrimiento y desarrollo de la proteína verde fluorescente

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América