A Liga Nacional de Fútbol Americano (tamén coñecida como LNFA), é a máxima competición española de Fútbol americano a nivel de clubs. A competición comeza en xaneiro e remata en xuño. Formato A LNFA se comezou a disputar no ano 1995, despois dalgúns anos levándose a cabo con éxito a Liga Catalá de Fútbol Americano. Na tempada 2010, o campionato estivo composto por 15 equipos divididos en 3 "conferencias", chamadas Conferencia Española (cos 5 mellores equipos do ano anterior), Conferencia Nacional (cos 5 seguintes mellores equipos do ano anterior), e Conferencia Hispánica. Durante a tempada regular cada equipo disputou 8 encontros, 2 fronte a cada equipo da súa mesma conferencia. Ó remate desta tempada regular, leváronse a cabo as eliminatorias polo título. Estes play offs se disputaron a un encontro. Nos cuartos de final se enfrontaron o 1º clasificado da Conferencia Hispánica fronte ó 3º da Conferencia Española, e o 1º clasificado da Conferencia Nacional fronte ó 4º da Conferencia Española. Mentres, os 2 mellores equipos da Conferencia Española, xa agardaban rival nas semifinais.

Na tempada 2011 o formato tivo algún cambio, así, tan só os 6 mellores equipos de España poden loitar polo título de liga. A competición de 6 equipos mantívose até 2017.

LNFA Serie A 2018 <font size="1"> LNFA Serie A - Grupo 1 2018 <font size="1"> LNFA Serie A - Grupo 2 2018 <font size="1"> LNFA Serie A - Grupo 3 2018 A máxima categoría do fútbol americano español mudou de formato na tempada 2018. O número de equipos participantes medrou de 6 a 15, divididos en tres grupos por criterios xeográficos.

Durante a fase de liga regular cada equipo disputará oito encontros, dous contra cada rival do seu propio grupo, e terá dúas xornadas de descanso, completándose un total de dez xornada de liga regular. Deste xeito, en cada xornada se disputarán seis encontros (dous por grupo) e haberá tres equipos descansando (un por grupo). Esta fase comezará o 13 de xaneiro de 2018, e rematará o 15 de abril.

Ó remate da liga regular establecerase unha clasificación conxunta dos tres grupos. Nela, os doce primeiros equipos da táboa xogarán as eliminatorias polo título, e os tres últimos xogarán as eliminatorias de descenso de categoría.

Na loita polo título os catro mellores da clasificación conxunta estarán exentos da primeira rolda de eliminatorias. Os restantes equipos disputarán entre eles unha eliminatoria (28/29 de abril) previa ós cuartos de final do seguinte xeito: 5º contra 12º 6º contra 11º 7º contra 10º 8º contra 9º Os cuartos de final levaranse a cabo o 5/6 de maio: (a) 1º contra 8º/9º (b) 2º contra 7º/10º (c) 3º contra 6º/11º (d) 4 contra 5º/12º As semifinais serán o 19/20 de maio: (a) contra (d) (b) contra (c) A final celebrarase o 2/3 de xuño.

Por outra banda, as eliminatorias polo descenso serán entre o 5/6 de maio e o 9/10 de xuño. Dos tres equipos da Serie A participantes un descenderá, outro promoverá e outro manterá a categoría. Primeira eliminatoria: 14º contra 15º (o perdedor descende á Serie B) Segunda eliminatoria: 13º contra 14º/15º (o gañador acada a permanencia) A terceira eliminatoria: Subcampión da Serie B contra o perdedor da segunda eliminatoria (o gañador xogará en Serie A e o perdedor en Serie B) Datas da LNFA Serie A 2018

Palmarés Finais da LNFATempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 2018 Badalona Dracs ||style="text-align:center| 33 – 26 || Murcia Cobras |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2017 ||bgcolor=#ffffa5| Badalona Dracs 56 - 14 Reus Imperials 2016 Badalona Dracs ||align=center| 41 - 14 || Valencia Firebats |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2015 ||bgcolor=#ffffa5| Valencia Firebats 30 - 20 Badalona Dracs 2014 Badalona Dracs ||align=center| 24 - 18 || Valencia Firebats |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2013 ||bgcolor=#ffffa5| L'Hospitalet Pioners 24 - 0 Badalona Dracs 2012 L'Hospitalet Pioners ||align=center| 47 - 24 || Rivas Osos |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2011 ||bgcolor=#ffffa5| L'Hospitalet Pioners 24 - 8 Badalona Dracs 2010 L'Hospitalet Pioners ||align=center| 36 - 0 || Valencia Firebats |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2009 ||bgcolor=#ffffa5| Valencia Firebats 29 - 10 Badalona Dracs 2008 L'Hospitalet Pioners ||align=center| 36 - 17 || Valencia Firebats |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2007 ||bgcolor=#ffffa5| Valencia Firebats 47 - 21 Badalona Dracs 2006 Valencia Firebats ||align=center| 13 - 0 || L'Hospitalet Pioners |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2005 ||bgcolor=#ffffa5| L'Hospitalet Pioners 24 - 13 Badalona Dracs 2004 Badalona Dracs ||align=center| 23 - 0 || L'Hospitalet Pioners |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2003 ||bgcolor=#ffffa5| Badalona Dracs 30 - 20 L'Hospitalet Pioners 2002 Badalona Dracs ||align=center| 14 - 8 || Rivas Osos |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 2001 ||bgcolor=#ffffa5| Rivas Osos 21 - 7 Zaragoza Lions 2000 Granollers Fenix ||align=center| 8 - 0 || Badalona Dracs |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 1999 ||bgcolor=#ffffa5| Badalona Dracs 52 - 12 Rivas Osos 1998 Badalona Dracs ||align=center| 17 - 13 || L'Hospitalet Pioners |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 1997 ||bgcolor=#ffffa5| Vilafranca Eagles 40 - 20 Madrid Panteras 1996 Madrid Panteras ||align=center| 21 - 17 || Vilafranca Eagles |-style="background:#F5FAFF;" |align=center| 1995 ||bgcolor=#ffffa5| Madrid Panteras 55 - 13 Barcelona Boxers

Véxase tamén Ligazóns externas Federación Española de Fútbol Americano (FEFA) European Federation of American Football (EFAF) Resultados en Europlayers

Outros artigos

Categoría:Deporte en España Categoría:Liga Nacional de Fútbol Americano