Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (en ) é un filme para televisión dirixido por Yves Simoneau que se estreou en 2007. Trátase dunha adaptación da novela homónima de Dee Brown, que á súa vez está baseada nos feitos reais que orixinaron o Masacre de Wounded Knee.

Estreouse en galego na TVG o 17 de xaneiro de 2012.

Sinopse A historia comeza coa vitoria dos síux sobre o Xeneral Custer en Little Big Horn e desenvólvese dende a perspectiva de tres personaxes: Charles Eastman (Adam Beach), un xove médico educado polos brancos que é o exemplo vivente da integración; Touro Sentado (August Schellenberg), o xefe lakota que non se deixa someter pola autoridade dos policías do goberno de Estados Unidos que intentan quitarlles a súa propia identidade, a súa dignidade e as súas terras sagradas; e o senador Henry Dawes (Aidan Quinn), quen é un dos creadores da política relativa ós indios. Namentres Eastman e a profesora Elaine Goodale (Anna Paquin) traballan para mellorar a vida dos indios da reserva, o senador Dawes tenta convencer ó presidente Grant (Fred Thompson) para que lles dea un trato máis humano, fronte á proposta bélica do Xeneral William Tecumseh Sherman (Colm Feore). A esperanza reside para os indios na persoa do profeta Wovoka (Wes Studi) e a Danza dos espíritos, un movemento que promete a fin dos seus sufrimentos a causa do home branco. Esta esperanza é esmagada tralo asasinato de Touro Sentado e o masacre de centos de homes, mulleres e nenos indios polo sétimo de cabalería en Wounded Knee o 29 de decembro de 1890.

Personaxes

Anna Paquin como Elaine Goodale Chevez Ezaneh como Ohiyesa/Charles Eastman xove August Schellenberg como Touro Sentado Aidan Quinn como o senador Henry L. Dawes Colm Feore como xeneral William Tecumseh Sherman Fred Thompson como o presidente Ulysses S. Grant Nathan Lee Chasing His Horse como One Bull Brian Stollery como Henry Benjamin Whipple Shaun Johnston como Nelson A. Miles Gordon Tootoosis como Nube Vermella Billy Merasty como Home xove temeroso Morris Birdyellowhead como American Horse Eddie Spears como Chasing Crane Sean Wei Mah como Bull Head Eric Schweig como Xefe Gall Jimmy Herman como Yellow Bird Patrick St. Esprit como James Morrow Walsh Adam Beach como Charles Eastman J.K. Simmons como James McLaughlin Wes Studi como Wovoka/Jack Wilson Marty Atonini como James W. Forsyth Lee Tergesen como Daniel F. Royer

Galardóns e nomeamentos 2007: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor miniserie ou filme para TV. 2007: Emmy: Mellor telefilme. 17 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Yves Simoneau Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes sobre as Guerras Indias Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego