Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no filme de suspense Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Xogo de patriotas (1992) e Clear and Present Danger (1994).

A súa carreira abarca seis décadas e inclúe papeis en varios éxitos de recadación de Hollywood, incluíndo o filme épico de guerra Apocalypse Now (1979), o drama legal Presumed Innocent (1990), a película de acción O fuxitivo (1993); o suspense de acción política Air Force One (1997); e o suspense psicolóxico "What Lies Beneath" (2000). Sete das súas películas foron incluídas no National Film Registry: American Graffiti (1973), A conversación (1974), A guerra das galaxias (1977), Apocalypse Now (1979), O imperio contraataca (1980), Na busca da arca perdida (1981) e Blade Runner (1982).

Con máis de cinco mil seiscentos millóns de dólares recadados en todo o mundo polas súas películas, Ford é o actor con maiores ingresos en portelo da historia. No Libro Guinness dos Récords de 2001, Ford aparece como o actor masculino máis rico do mundo. Ford está casado coa actriz Calista Flockhart.

Filmografía + Filmes e televisión Ano Título Papel Notas 1966 Dead Heat on a Merry-Go-Round Bellhop 1966 The Long Ride Home 1967 Luv Irate Motorista 1967 A cabalgada dos malditos Tenente Shaffer Nos créditos como Harrison J. Ford 1967 The Virginian Cullen Tindall/Rancheiro xove Episodios: "A Bad Place to Die" e "The Modoc Kid" 1967 Ironside Tom Stowe Episodio: "The Past is Prologue" 1968 Journey to Shiloh Willie Bill Bearden 1968 The Mod Squad Policía de patrulla na praia Episodio: "The Teeth of the Barracuda" 1969 My Friend Tony Episodio: "The Hazing" 1969 The F.B.I. Glen Reverson/Everett Giles Episodios: "Caesar's Wife" e "Scapegoat" 1969 Love, American Style Roger Crane Episodio "Love and the Former Marriage" 1970 Zabriskie Point Operario do aeroporto Sen creditar 1970 Getting Straight Jake 1970 The Intruders Carl Telefilme 1971 Dan August Hewett Episodio: "The Manufactured Man" 1972–1973 Gunsmoke Print/Hobey Episodio: "The Sodbuster" (1972) e "Whelan's Men" (1973) 1973 American Graffiti Bob Falfa 1974 Kung Fu Harrison Episodio: "Crossties" 1974 A conversaciónMartin Stett 1974 Petrocelli Tom Brannigan Episodio: "Edge of Evil" 1975 Judgment: The Court Martial of Lieutenant William Calley Frank Crowder Telefilme 1976 Dynasty Mark Blackwood Telefilme 1977 The Possessed Paul Winjam Telefilme 1977 A guerra das galaxias Han Solo Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor 1977 Heroes Ken Boyd 1978 Force 10 from Navarone Tenente Coronel Mike Barnsby 1978 The Star Wars Holiday Special Han Solo Telefilme 1979 Apocalypse Now Coronel Lucas 1979 Hanover Street David Halloran 1979 The Frisco Kid Tommy Lillard 1979 More American Graffiti Bob Falfa Sen creditar 1980 O imperio contraataca Han Solo 1981 Na busca da arca perdida Indiana Jones Saturn Award ó mellor actor 1982 Blade Runner Rick Deckard 1983 O retorno do Jedi Han Solo 1984 Indiana Jones e o templo maldito Indiana Jones Nomeado Saturn Award ó mellor actor 1985 Testemuña única Detective Capitán John Book 1986 The Mosquito Coast Allie Fox Nomeado ó Globo de Ouro ó mellor actor 1988 Frenético Doutor Richard Walker 1988 Working Girl Jack Trainer 1989 Indiana Jones e a última cruzada Indiana Jones Nomeado —Saturn Award ó mellor actor 1990 Presumed Innocent Rusty Sabich 1991 Regarding Henry Henry Turner 1992 Xogo de patriotas Jack Ryan (Tom Clancy) 1993 The Young Indiana Jones Chronicles Indiana Jones — con 50 anos Serie de televisión, episodio: "Young Indiana Jones and the Mystery of the Blues" 1993 O fuxitivo Richard Kimble Nomeado —Globo de Ouro ó mellor actor 1994 Clear and Present Danger Jack Ryan 1995 Sabrina Linus Larabee 1997 The Devil's Own Tom O'Meara 1997 Air Force One Presidente James Marshall 1998 Six Days Seven Nights Quinn Harris 1999 Random Hearts Sarxento William 'Dutch' Van Den Broeck 2000 What Lies Beneath Doutor Norman Spencer 2002 K-19: The Widowmaker Alexei Vostrikov 2003 Hollywood, departamento de homicidios Sarxento Joe Gavilan 2004 Water to Wine Jethro o condutor de autobús 2006 Firewall Jack Stanfield 2008 Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull Indiana Jones 2008 Dalai Lama Renaissance Narrador Documental 2009 Crossing Over Max Brogan 2009 Brüno El mesmo Cameo 2010 Extraordinary Measures Doutor Robert Stonehill 2010 Morning Glory Mike Pomeroy 2011 Cowboys & Aliens Coronel Dolarhyde 2013 42 Branch Rickey 2013 Ender's Game Coronel Graff 2014 The Expendables 3 Max Drummer 2015 Star Wars: The Force Awakens Han Solo 2017 Blade Runner 2049 Rick Deckard 2019 Indiana Jones 5 Indiana Jones

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá