Brian Chase, nado o 2 de decembro de 1978 en Long Island, Nova York, é un batería estadounidense coñecido por tocar na banda de indie rock Yeah Yeah Yeahs. Foi elixido pola revista en liña Gigwise como un dos 50 mellores baterías de todos os temposListaxe dos 50 mellores batería da revista Gibwise.

Biografía Chase medrou en Long Island, Nova York e asistiu á Friends Academy en Locust Valley, e ao Oberlin Conservatory of Music.

Ademais de tocar en Yeah Yeah Yeahs Chase tamén o fai na banda The Seconds, e adoitaba a tocar coa banda da súa ex-moza Emily Manzo ata que a parella se desfixo no ano 2006. Actuou con varos dúos experimentais con outros músicos como Stefan Tcherepnin e Seth Misterka, co cal editou un CD no ano 2007 a través do selo australiano Heathen Skulls. Outros músicos cos que tocou son Jessica Pavone, Mary Halvorson, Moppa Elliott, e os grupos Oakley Hall, Blarvustert e The Sway Machinery.

En maio do 2010 o dúo Chase/Misterka actuou no Melbourne International Jazz Festival e despois realizou unha xira por australia durante un mes.

Na actualidade vive en Greenpoint, Brooklyn. É sinestésico e ve cores cando toca ou escoita música.

Notas

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Nova York (estado)