O HC MVD (en ruso ХК МВД) foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Balashikha, no óblast de Moscova (Rusia). Pertenceu á Tarasov Division (acadando o título de campión da división no 2010) da KHL entre o 2008 e o 2010, ano no que se fusionou co HK Dinamo Moscova para dar lugar ao OHK Dinamo.
Historia O MVD Moscow Oblast foi fundado en 1949 como Spartak Kalinin, adoptando o seu nome actual MVD no 2004 como parte do Ministerio de Exteriores de Rusia e trasladouse a Podolsk grazas á licenza do HK Tver, que se atopaba en dificultades financeiras pasando a ser un filial do MVD. No 2007 trasladouse novamente, desta vez á localidade de Balashikha, ao Balachikha Arena. No 2008 pasou a formar parte dos equipos da nova competición eurasiática, a Kontinental Hockey League (KHL), asinadno un convenio co Kristall Elektrostal da Vyschaïa Liga para que pasara a ser a súa escola. Na tempada seguinte, o equipo adestrado por Oļegs Znaroks gañou o título de campión da Tarasov Division chegou ata a final da Gagarin Cup contra o defensor do título, o Ak Bars Kazan, que conseguiron revalidar o título gañando a serie por catro vitorias a tres. Logo deste grande éxito o equipo fusionouse co HK Dinamo Moscova, en dificultades económicas, para formar o OHK Dinamo.
Denominacións Spartak Kalinin (1949–1952) HK Kalinin (1952–1961) SKA MVO Kalinin (1961–1999) THK Twer (1999–2004) HC MVD Twer (2004–2007) HC MVD Balašicha (2007-2010)
Palmarés 1 Vyschaïa Liga: 2005 KHL 1 Tarasov Division: 2010
Participacións na KHL Tempada PX V VP VPn D DP DPn GF GC Pts Clasificación Play-offs 2008-09 56 20 2 4 0 1 29 142 159 73 18º/24 Non se clasificou 2009-10 56 30 1 0 6 4 15 160 135 102 4º/24 15px HC CSKA Moscova 3-0 (oitavos)15px Dinamo Riga 4-1 (cuartos)15px Lokomotiv Yaroslavl 4-3 (semifinais)15px Ak Bars Kazan 4-3 (final)
<small> PX: Partidos xogados V: Vitorias VP: Vitorias na prórroga VPn: Vitorias nos penaltis D: Derrotas <small> DP: Derrotas na prórroga DPn: Derrotas nos penaltis Pts: Puntos GF: Goles a favor BC: Goles en contra
Véxase tamén
Outros artigos OHK Dinamo
Ligazóns externas Sitio oficial do club
MVD MVD