Antonio Bernardino Ramilo Fernández-Areal, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 24 de maio de 1928 e finado en Vigo o 25 de xaneiro de 2006, foi un empresario e político, alcalde de Vigo.
Traxectoria Traballou en Madrid e estudou leis, especializándose en Dereito Marítimo, nas universidades Complutense e de Deusto. En 1955 instalouse en Vigo. Ocupou o posto de conselleiro delegado na empresa familiar, Ramilo S.A., adicada á extracción de granito.
En 1970 foi nomeado alcalde, cargo que compatibilizou co de Procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra e co de presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Durante a súa alcaldía aprobouse o primeiro PXOU de Vigo, e promoveu a urbanización dos barrios da Travesía de Vigo e de Coia. Amais, celebrouse a primeira edición da World Fishing Exhibition e iniciouse o proxecto do Zoo da Madroa promovido por Rafael Portanet.Vigozoo na páxina do concello.
En setembro de 1974 foi substituído na alcaldía por Joaquín García Picher, e volveu ó asociacionismo empresarial, sendo presidente do Consello Provincial de Empresarios ata 1976. Ese ano participou na fundación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e no 77 da Confederación de Empresarios de Pontevedra. Membro da Confederación de Empresarios de Galicia dende 1981 presidiuna dende 1991, deixando o cargo no 2000 tras descubrirse irregularidades contables na entidade.
Foi dirixente de Acción Democrática Española. De 1986 a 1989 foi senador por Alianza Popular.
Vida persoal
Estaba casado e tivo sete fillos, entre eles o empresario e político Antonio Ramilo Rodríguez de Robles.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia Galega Universal
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado "Fallece Antonio Ramilo, ex alcalde y ex presidente de la patronal gallega", artigo en Faro de Vigo, 27 de xaneiro de 2006 .
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2006