Pa Tepaeru Teariki Upokotini Marie Ariki ou Marie Peyroux, nada en setembro de 1947, é ariki da dinastía Pa Ariki da tribo (vaka) Takitumu da illa de Rarotonga nas Illas Cook.
Traxectoria
Investida como ariki o 27 de xuño de 1991 logo da morte da súa nai Pa Tepaeru Terito Ariki. En 1992 asumiu a presidencia da Cámara dos Ariki, función que ocupou ata 2002, substituída por Tou Travel Ariki. En 1993 participou co seu sogro Tom Davis na expedición cara a Tahití e Samoa realizada na Takitumu, unha canoa tradicional (vaka), para recuperar as técnicas de navegación tradicionais dos polinesios. En 2002 o goberno das Illas Cook nomeouna cónsul de Auckland
En 2003, a raíña Isabel II concedeulle o título de oficial da Orde do Imperio Británico.
Notas
Categoría:Arikis Categoría:Nados en 1947