Excusatio non petita, accusatio manifesta é unha locución latina de orixe medieval, usada como aforismo, sentenza ou frase lapidaria.

Podería traducirse como «desculpa non pedida, culpa manifesta», sinalando que quen se escusa por unha falta sen que ninguén llo pedise está a sinalarse como autor da falta.

Unha expresión similar é usada por Xerome de Estridón na súa cuarta epístola, cando di dum excusare credis, accusas («mentres pensas que escusas, acusas»).

Notas

Categoría:Locucións latinas Categoría:Expresións latinas empregadas en Dereito