Fampousa é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de pendente acusada. Linda ao norte con Vilarnovo e Canlís e ao leste con Salvande.
Demografía Tiña 31 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran homes e 18 eran mulleres. No 2009 eran 45 persoas rexistradas: 24 homes e 21 mulleres.
Paisaxe Núcleo tradicional concentrado, se ben atópanse algunhas vivendas separadas. No núcleo tradicional alternanse vivendas novas con casa rural de pedra bastante deteriorada.
Existen 9 hórreos catalogados, algún nun mal estado de conservación.
Pequenas hortas e froiteiras nas inmediacións das vivendas. É unha zona de gando ovino con parcelas a pastos e tamén a milleiras. Xa máis afastados hai carballos, piñeiros e eucaliptos.
Servizos urbanísticos ServizosTipoAbastecemento augaMinas e pozo de barrenaSaneamentoPozo negroElectricidadeSiIluminación públicaSiTelefoníaSiRecollida lixoSiTransporteNon
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Baña
Parroquias da Baña
Categoría:Lugares da Baña