(523639) , tamén escrito coma 523639 (), é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta de 4,2. Este feito fai del un candidato a planeta anano.

Datos preliminares

Foi só observado durante un arco de 29 días e de momento non se atopou este obxecto en imaxes previas que axudasen a defini-la súa órbita. O coñecemento sobre a súa órbita é moi limitado. Baseándose na órbita preliminar, estimouse que chegaría ó seu perihelio ó redor do ano 2165 e chegou o seu afelio en marzo do 2010. Actualmente está unhas 55,8 UAs respecto do Sol.

Asumindo un o albedo xenérico para os obxectos trans-neptunianos, que é de 0.09, o seu diámetro sería duns 640 km. Pero dende que se sabe que a súa magnitude absoluta preliminar é de 4,2 e o seu verdadeiro albedo é descoñecido, o seu diámetro podería ir dos 380 ós 860 kms.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Candidatos a planeta anano Planeta anano

Ligazóns externas

Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris

Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano