Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.
Traxectoria Cursou bacharelato e Maxisterio en Ourense, e Dereito e Filosofía e Letras en Madrid e Valladolid. Foi mestre en Almorfe e Trasmiras. Na República militou no republicanismo de esquerda, dirixiu as Juventudes de Acción Republicana de Ourense e colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Co Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo preso no mosteiro de Oseira. miniatura|300px|Reunión dos participantes do 1º Congreso da Emigración Galega. Sentados de esquerda a dereita: Alberto Vilanova, Xerardo Álvarez Gallego, Vicente Gómez Paratcha, Alfonso Díaz Trigo, Xavier Bóveda, Rafael Dieste e Laxeiro. De pé: Francisco Comesaña Rendo, Ramón de Valenzuela, Lois Tobío Fernández, Eduardo Blanco Amor, Xosé Velo, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Luís Seoane, Marcial Fernández Vázquez, Xosé Núñez Búa, Emilio González López, María del Carmen Soler, Mariví Villaverde e Antonio Baltar. Buenos Aires. 1956. Finalizada a Guerra Civil traballou como profesor en colexios privados de Chantada e Ourense, onde tamén colaborou na revista Posío. Como consecuencia da invitación do Centro Ourensán para unhas conferencias, trasladouse a Buenos Aires en 1954. Na Arxentina conseguiu a praza de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa na Universidade Nacional da Plata. Entre 1956 e 1959 ocupou a cátedra de Cultura Galega no Centro Lucense de Bos Aires. Rexentou tamén as cátedras de Historia Medieval e Moderna e dirixiu o Instituto de Investigacións Históricas da Universidade Nacional do Nordeste. Foi presidente da Comisión de Cultura do Consello de Galiza.
Retornou a Galicia en 1982.
Vida persoal Casou en Sanín (Ribadavia) con Nieves Fernández en marzo de 1936El Pueblo Gallego, 3-4-1936, p. 11..
Obras
Vida y obra de Juan Antonio Saco y Arce. Fray Tomás de Lemos en el proceso teológico de Galileo, 1946. Separata do tomo II do Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Ourense. Vida y obra de Manuel Curros Enríquez, 1953. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires. Ensayo bio-bibliográfico sobre Teodosio Vesteiro Torres, 1955. Los gallegos en la Argentina (2 tomos), 1966, Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.Con prólogo de Claudio Sánchez-Albornoz. Los días históricos de Galicia, 2002, Ediciós do Castro. Edición e introdución de Alfonso Mato.
Premios Galardoado co Premio Nacional de Historia en 1936 pola obra El Padre Mariana y la historiografía de su época e o de Socioloxía polo ensaio Joaquín Costa o el gran dolor nacional. miniatura|Sepultura no Cemiterio de San Francisco de Ourense. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web sobre Alberto Vilanova Biografía en galegos.info
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1985