miniatura|250px|Edificio do Museo Nacional de Antropoloxía. Obra de Francisco de Cubas Francisco de Cubas y González-Montes, nado en Madrid o 24 de marzo de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1899, foi un arquitecto e político español do século XIX. Coñecido tamén como o Marqués de Cubas polo seu título nobiliario, o Marquesado de Cubas.
Traxectoria Formouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e obtivo pensionados para completar os seus estudos en Italia e Grecia. Cando regresou a España en 1858 obtivo a primeira medalla da Exposición Nacional dese ano.
Membro da Academia de San Fernando dende 1870, compaxinou os seus traballos de arquitectura coa carreira política que o levou a ser deputado en 1893, senador por ÁvilaExpediente persoal do Marqués de Cubas como senador entre 1896 e 1898 e alcalde de Madrid durante un mes, do 6 de novembro de 1892 ó 1 de decembro do mesmo ano. Estivo casado desde 1860 con Matilde de Erice y Urquijo, e ambos descansan nunha capela da Catedral da Almudena o seu gran proxecto como arquitecto.
É un dos máis notables representantes da arquitectura decimonónica madrileña. Distinguiuse pola mestría no uso do ladrillo e polas súas obras de estilo neogótico.
Obras destacadas Colexio dos xesuítas de Chamartín. Universidade de Deusto en Bilbao. Museo Nacional de Antropoloxía. Castelo de Butrón en Gatica, Biscaia. A súa obra máis recordada é a Catedral da Almudena de Madrid, comezada en 1883. Reformou o proyecto inicial como igrexa parroquial, propoñendo unha impoñente catedral neogótica segundo a moda imperante en Europa pola influencia de Viollet-le-Duc. As obras fóronse demorando por problemas económicos, finalmente continuáronse en estilo neoclásico máis acorde co estilo do Palacio de Oriente.
Notas
Categoría:Arquitectos de España do século XIX Categoría:Políticos da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid