Jaime Eduardo Agulló Quintela, nado na Coruña o 14 de setembro de 1962, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.

É fillo do exfutbolista Jaime Agulló Blasco e pai de Pablo Agulló, futbolista do Atlético Arteixo.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Colexio Santa María del Mar, en categoría benxamín, e cando estaba en alevíns recibiu a visita de persoal do Deportivo da Coruña, que lle ofreceu incorporarse ao club. Militou nos equipos alevín e infantil do Deportivo e aos 15 anos xogou a liga de modestos cedido no Orillamar SD, onde coincidiu con xogadores como Paco Zas ou Necho.

A continuación volveu ao Deportivo, incorporándose ao Fabril, co que xogou ata 1981, cando deu o salto ao primeiro equipo. Debutou nun partido de Copa do Rei fronte ao Tenerife e participou en 17 partidos nesa tempada, anotando un gol fronte ao Castilla. Xogou sete tempadas máis no Deportivo, todas elas co equipo coruñés en Segunda División, disputando un total de 198 partidos oficiais e marcando 9 goles.

O 12 de abril de 1986 foi o autor dun dos goles máis lembrados da historia do Deportivo, nun encontro de liga ante o Recreativo de Huelva. Executou un libre directo anotando case pola escuadra, sen que o porteiro Diego Vela puidese facer nada. O árbitro Sánchez Marín , por non ter sinalado o lanzamento del, obrigou a un novo lanzamento. O novo disparo resultou un calco do anterior, subindo desta vez ao marcador.

Na tempada 1989–90 foi contratado polo Racing de Ferrol, en Segunda División B. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Terceira División. Non obstante, viviu o regreso á división de bronce do equipo ferrolán na temporada 1991/92. E terminou a súa etapa ferrolá, e con ela a súa traxectoria como futbolista, na campaña 1992/93.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Notas

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes