Fernando Luís Cardoso de Meneses e Tavares de Távora, nado no Porto o 25 de agosto de 1923 e finado o 3 de setembro de 2005 en Matosinhos, foi un arquitecto portugués residente no Porto, decano dos arquitectos portugueses.

Traxectoria Fernando Távora foi un dos fundadores da chamada Escola arquitectónica do Porto, mestre de Álvaro Siza e Souto de Moura. Introduciu a partir dos anos 50 a arquitectura moderna en Portugal, cunha reflexión sobre o papel social da arquitectura, en oposición ás realizacións e ós discursos oficiais da época. Como creador dunha nova lóxica de construción, prestou sempre atención ás paisaxes orixinais, utilizándoas como datos culturais que deben ser integrados no diálogo coa construción final.

No ámbito pedagóxico contribuíu de forma moi significativa á consolidación do curso de Arquitectura da Escola de Belas Artes do Porto (máis tarde Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto) e do curso de Arquitectura do Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra, que axudou a construír ó final da década dos 80.

Existe un documental da RTP dedicado a súa persoa, con guión de António Silva e realización de Cristina Antunes.

Hoxe hónrase a súa memoria co Premio Fernando Távora de arquitectura.

Obra Escola Primaria do Cedro, en Vila Nova de Gaia (1961). Mercado Municipal de Santa María da Feira (1959). Pavillón de Tenis, e Matosinhos (1960). Casa de Ofir (1958). Pousada de Santa Mariña, Guimarães (1984). Ampliación da Asemblea da República (1999). Facultade de Dereito da Universidade de Coímbra (2000). Casa dos 24, Porto (2002) Quinta da Concepción, Matosinhos Remodelación do Museo Nacional de Soares dos Reis, Porto. Remodelación do Palacio do Freixo, Porto.

Véxase tamén Ligazóns externas Fernando Távora, Antigo Estudante da Escola de Belas Artes do Porto

Categoría:Arquitectos de Portugal do século XX Categoría:Nados no Porto Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Profesores da Universidade do Porto Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Profesores da Universidade de Coímbra