miniatura|dereita|Representación da circucisión de Xesuscristo. O prepucio sagrado é unha das máis prezadas reliquias católicas relacionadas coa figura de Xesuscristo. Trátase, como o propio nome indica, do prepucio atribuído á figura de Cristo, que sería retirado do seu corpo durante a circuncisión, ritual ao que o pobo xudeu somete a todos os seus rapaces. En diversas ocasións ao longo da historia, varias igrexas ou catedrais reclamaron a súa posesión, algunhas de maneira coetánea, entre elas a de Santiago de Compostela.

Hai varios milagres atribuídos a esta reliquia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Relics, artigo na Enciclopedia Católica

Categoría:Catolicismo