Cacareco foi un rinoceronte femia criada entre os zoolóxicos de São Paulo e Río de Xaneiro, nada probabelmente no Río de Xaneiro en 1954 e finada en 1962Ficha de Cacareco . Nas eleccións de outubro de 1959 para concelleiro da cidade gañou cerca de 100.000 votosCacareco agora é Excelência. . Daquela a elección era realizada con cédulas de papel e os electores escribían o nome de seu candidato de preferencia.

A idea de propoñer o animal como candidato foi do periodista Itaboraí Martins, en protesta contra o baixo nivel dos outros 450 concorrentes. Cacareco foi un dos máis famosos casos de voto nulo en masa da historia da política brasileira ó converterse na "candidata" máis votada da consulta; o partido máis votado non chegou a 95.000 votosHistoria de Cacareco na política .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Quando São Paulo elegeu um rinoceronte

Categoría:Animais famosos reais Categoría:Animais nados en 1954 Categoría:Animais finados en 1962