Raúl Albiol Tortajada, nado en Vilamarxant (Valencia) o 4 de setembro de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa central, aínda que tamén pode facelo de centrocampista defensivo e lateral dereito, e o seu club actual é o SSC Napoli.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.

Traxectoria Comezos O seu tío é José Luis Albiol Balaguer que tamén foi futbolista profesional. Do mesmo xeito que o seu irmán Miguel Albiol que é futbolista do Real Murcia, formouse nas categorías inferiores do Ribarroja CF, ata que foi fichado polo Valencia CF para a súa canteira de fútbol base. Debutou co primeiro equipo o 24 de setembro de 2003 con dezaoito anos acabados de cumprir nunha eliminatoria da Copa da UEFA ante o AIK Solna, tempada na que o Valencia CF resultou campión do torneo. Porén seguiu formando parte do persoal do CD Mestalla, filial do Valencia CF.

Getafe CF Para adquirir experiencia en Primeira División foi cedido ao Getafe CF na tempada 2004-2005. O 2 de agosto do 2004, durante a viaxe a Xetafe sufriu un accidente de circulación polo que tivo que ser intervido tras lle diagnosticar politraumatismos dorsal e lumbar, e un derramo interno que obrigou á extirpación do bazo, ademais estivo durante un tempo en coma. Porén, a cesión asinouse e aínda que se chegou a temer pola súa carreira profesional debutou na liga catro meses despois do accidente.

Isto foi debido a que o seu adestrador, Quique Sánchez Flores, sempre confiou nel e, cando fichou polo Valencia CF, esixiu o retorno de Albiol ao seu club de orixe.

Valencia Os inicios de Albiol no Valencia CF foron duros xa que a súa posición natural no equipo che ocupábana dous xogadores da calidade de Albelda e Baraja polo que o técnico o aliñou como lateral dereito. Aínda que cumpría correctamente a súa misión notábaselle estraño na súa nova posición ata que Quique Flores o recolocou como central, posto do que non se moveu desde entón.

O 25 de abril de 2006 anunciaba a súa renovación co Valencia CF ata o 2011. O Real Madrid estivo moi interesado en facerse cos seus servizos, pero o xogador preferiu renovar polo Valencia CF a pesar de que a oferta merengue era moi superior. Posuía unha cláusula de rescisión de 60 millóns de euros. Na tempada 2006-2007, ata os cuartos de final da Liga de Campións, disputou todos os minutos cunha actuación impresionante nos oitavos de final contra o Inter de Milán, onde o Valencia CF pasou de rolda.

Terminou a tempada 2006-07 sendo titular indiscutible e sendo o xogador que máis minutos tivo entre as competicións da Liga, a Copa do Rei e a Liga de Campións nas demarcacións de central e mediocentro defensivo.

Real Madrid En xuño de 2009 fichouno o Real Madrid pola cifra de 15 millóns de euros, como parte do proxecto do novo presidente Florentino Pérez, que regresou á presidencia do Real Madrid o 1 de xuño de 2009.

O xoves 2 de xullo reallizouse a súa presentación no Estadio Santiago Bernabéu ás 21.00 horas ante unhas 9.000 persoas. Raúl recibía a camiseta co dorsal 18, número que levou Rubén de la Red, declarando Raúl que se aquel volvese outra vez ao equipo, devolveríalle o dorsal.

O primeiro gol coa camiseta do Real Madrid anotouno nun encontro de Liga de Campións fronte ao Olympique de Marsella o 8 de decembro de 2009 adiantando ao conxunto branco 1-2. O partido finalizaría 1-3 a favor do conxunto merengue.

Selección nacional Tras ser internacional sub-21, o 5 de outubro de 2007 é chamado por primeira vez para unha convocatoria coa selección española para disputar un partido da fase de clasificación da Eurocopa 2008. Debuta o 13 de outubro de 2007 no partido contra Dinamarca en Aarhus (Dinamarca), con resultado 1-3 a favor dos españois.

O 14 de xuño de 2008 debuta nunha fase final da Eurocopa ao substituír a Carles Puyol no partido que España gañou a Suecia por un resultado de 2-1. Posteriormente xogaría de titular no último encontro da fase de grupos ante Grecia, partido que concluiría con vitoria española por 2 a 1.

O 29 de xuño de 2008 no Estadio Ernst Happel de Viena, Albiol proclamaríase xunto aos seus compañeiros de selección campión da Eurocopa 2008.

En 2010, o 11 de xullo, proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Participacións en Eurocopas EurocopaSedeResultadoEurocopa 2008Austria e SuízaCampión

Participacións en Copas das Confederacións CopaSedeResultadoCopa FIFA Confederacións 2009SuráfricaTerceiro

Participacións en Copas do Mundo CopaSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol de 2010SuráfricaCampión

Clubs

ClubPaísTempadasValencia BEspaña2003-2004Getafe CFEspaña2004-2005Valencia CFEspaña2005-2009Real Madrid CFEspaña2009-2013SSC NapoliItalia2013-

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga de EspañaValencia CFEspaña2004Copa do ReiValencia CFEspaña2008Copa do ReiReal MadridEspaña2011Liga de EspañaReal MadridEspaña2012Supercopa de EspañaReal MadridEspaña2012Copa ItaliaSSC NapoliItalia2014

Copas internacionais TítuloClubPaísAnoEurocopa Sub-19Selección sub-19España2004Copa da UEFAValencia CFEspaña2004EurocopaSelección nacionalEspaña2008Copa Mundial de FútbolSelección nacionalEspaña2010 (*) Incluíndo a Selección

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Albiol en www.lfp.es Diario Levante - Entrevista (6 de outubro de 2007)

Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Vilamarxant Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial