A Historia Brittonum ou A Historia dos Britanos é un libro histórico que foi escrito nalgún momento pouco despois do ano 833, do que existen varias versións con certas diferenzas. Pretende relatar a historia dos habitantes britanos de Gran Bretaña desde os tempos máis temperáns, polo que este texto foi usado para escribir unha historia tanto de Gales como de Inglaterra. Tradicionalmente, sinálase a Nennio como o autor deste texto, aínda que esta interpretación é cuestionada.

Texto O texto en si é unha colección de extractos, cálculos cronolóxicos, glosarios e resumos baseados en rexistros previos, moitos dos cales xa non existen. Como resultado, a fiabilidade deste traballo foi cuestionada tanto en parte como no todo. O arqueólogo Leslie Alcock observou que, nunha versión deste manuscrito, o autor mesmo chama ao seu traballo unha morea de todo o que puido encontrar e suxire que se estendésemos esa metáfora, este texto é:

Outra visión ofrécea o profesor David Dumville, quen investigou exhaustivamente sobre a transmisión deste texto e a conexión entre as súas versións. Dumville cre que este texto foi revisado, complementado e reescrito moitas veces e de moitas maneiras entre a data da súa orixe aparente e a data dos manuscritos sobreviventes.Sostido en moitas das súas publicacións, por exemplo na introdución de seu The Historia Brittonum: 3 The 'Vatican' Recension (Cambridge: D.S. Brewer, 1985). O intento deste autor era producir unha crónica sincronizada de acordo á forma de escribir dos historiadores irlandeses na súa propia época. Xa que este manuscrito ofrecía a única historia de Gales complementario ao libro de Beda Historia ecclesiastica gentis Anglorum, foi reproducida e revisada para cubrir esta demanda. N. J. Higham suxeriu que a Historia Brittonum foi escrita principalmente para Merfyn Frych ap Gwriad, rei de Gwynedd do 825 ao 844.Hingam, King Arthur: Myth Making and History (London: Routledge & Kegan Paul, 2002)

Autor Tradicionalmente, a Historia Brittonum foi adscrita a Nennio, un monxe galés do século IX; porén, a análise de numerosas versións mostrou que tamén se atribuíu a autoría a Xildas (probabelmente porque Xildas foi o único autor histórico coñecido polos seus escribas), mentres que outros (como o manuscrito Harleian 3859 da Biblioteca Británica) non mencionan autor. A investigación de Dumville mostrou que a adscrición deste traballo a Nennio se orixinou no século X nunha rama da transmisión do manuscrito, creado por un escriba que buscaba a raíz deste traballo nas tradicións intelectuais desa época.

Asociacións co rei Artur A Historia Brittonum atraeu atención debido ao seu papel en influenciar as lendas e mitos que rodean o Rei Artur. É a primeira fonte que presenta a Artur como unha figura histórica e é a fonte de varias historias que son repetidas e amplificadas por autores posteriores.

Vortigern e Ambrosius A Historia contén a historia do rei Vortigern que permitiu aos saxóns asentárense na illa de Bretaña a cambio da man da súa filla Hengest.Capítulos 31-38. Unha lenda rexistra a preocupación de Vortigern no seu intento por construír unha fortaleza preto ao monte Snowdon, chamada Dinas Emrys, só para que lle rouben os seus materiais de construción cada vez que o intenta. Os seus conselleiros dixéronlle que asperxise o sangue dun neno nado sen pai no lugar. Vortigern acha a tal mozo en Ambrosio Aureliano, quen reprende aos sabios e revela que a causa do disturbio son dúas serpes enterradas.Capítulos 40-42. Máis tarde, Ambrosio tivo conflitos con Vortigern e é mencionado como un gran rei máis adiante na historia.

A historia da torre é repetida e embelecida por Godofredo de Monmouth na súa Historia Regum Britanniae, aínda que a atribúe a Merlín ao dicir que «Ambrosio» é o nome alternativo do sabio. Godofredo inclúe a Ambrosio como un rei no seu propio dereito e tamén inclúe outros personaxes, tales como Vortimer e o bispo Xermán de Auxerre.

Batallas de Artur O capítulo 56 discute doce batallas disputadas e gañadas por Artur, chamado dux bellorum (líder guerreiro) antes que rei.Lupack, Alan (Trans.) "De: The History of the Britons (Historia Brittonum) . The Camelot Project. Acceso: 27 de Julio de 2008.

A maior parte dos lugares citados son escuros e non poden ser identificados. Algunhas das batallas aparecen nalgunha outra obra da literatura galesa, aínda que non todas están conectadas explicitamente con Arturo. Algúns académicos propuxeron que o autor tomou a lista dun poema antigo galés agora perdido que listaba as doce grandes vitorias de Arturo, baseado no feito de que algúns dos nomes parecen rimar e polo indicio da descrición estraña de Arturo cargando nos seus ombros a imaxe da Virxe María en Guinnion podería conter unha confusión da palabra galesa iscuit (escudo) por iscuid (ombros).Green (2007), p. 19. Porén, outros rexeitan isto como insostíbel,Green (2007), pp. 19-21. argumentando que no seu lugar o autor inclúe batallas que non foron previamente asociadas con Arturo ou quizais as inventou por completo. Unha historia similar tamén aparece nos Annales Cambriae, onde Arturo é descrito levando «a cruz do noso Señor Xesús Cristo nos seus ombros por tres días e tres noites...», aínda que aquí se di que a batalla é en Badon en lugar de Guinnon.Green (2007), p. 26. T. M. Charles-Edwards argumenta que estas versións se refiren a unha mesma fonte.Green (2007), p. 28. Outros estudosos, porén, como é o caso de Thomas Jones e de N. J. Higham, argumentan que a historia dos Annales se basea directamente na Historia, en cuxo caso o nome da batalla tería mudado do descoñecido Guinnon ao famoso Badon e a icona que carga Arturo substituída cunha máis común.

A batalla do Monte Badon é relacionada con Arturo en varios textos posteriores, pero non é asociada con el en ningún que preceda a Historia.Green (2007), p. 41. Era claramente unha batalla histórica que foi descrita por Xildas, quen non menciona o nome do líder britano (porén, menciona a Aurelio Ambrosio como un gran azoute dos saxóns inmediatamente anterior).Green (2007), p. 31. Das outras batallas, é xeralmente aceptado que só a Batalla de Tribuit está asociada con Arturo noutra fonte galesa previa.Green (2007), p. 20. Tribuit aparece como Tryfrwyd no poema galés antigo Pa Gur?, datado cara a mediados do século IX. Aquí é asociada con cinbin ou cinocéfalo s; os homes de Arturo loitaron nas montañas de Eidyn (Edimburgo) e adestráronse cun personaxe chamado Garwlwyd (Rudo-gris) que é probabelmente idéntico a Gwrgi Garwlwyd (home-can Rudo-gris) quen aparece nunha das Tríades galesas.Bromwich (2006), pp. 73–74Véxase Bromwich pax. 385 para a discusión de Gwrgi Garwlwyd como un home lobo.Green (2007), pp. 84-85. O principal protagonista de Arturo na loita é Bedwyr, máis tarde coñecido como Sir Bedevere, e unha referencia máis temperá no poema indica que o deus Manawydan está tamén involucrado. «A cidade da lexión» podería ser unha referencia a Caerleon, cuxo nome se traduce como tal, pero podería tamén referirse a Chester, o lugar dunha gran base romana.Ashe (1991), p. 65

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bromwich, Rachel (2006). Trioedd Ynys Prydein: The Triads of the Island of Britain. University Of Wales Press. ISBN 0-7083-1386-8.

Green, Thomas (2007). Concepts of Arthur. Stroud, Gloucestershire: Tempus. ISBN 978-0-7524-4461-1. Lacy, Norris J. (Ed.), The New Arthurian Encyclopedia, pag. 8–9. Nova York: Garland. ISBN 0-8240-4377-4.

Ligazóns externas Texto orixinal reconstruído de Keith Fitzpatrick-Matthews Historia Brittonum en inglés Historia Brittonum en latín Traducións baseadas en: J. A. Giles, Six Old English Chronicles, 1848. Full text from Fordham University

Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Mitoloxía celta