Mafalda é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán, co catalán, co italiano e co portugués. Ten a súa orixe nunha variante portuguesa de Matilde ou do francés antigo Mahalt (o son h, inexistente en portugués, foi substituído co f), á súa vez derivado do xermánico Mechtild ou Matchild, composto das palabras "forza" e "combate", co significado de "forte no combate".
Este nome forma parte do patrimonio onomástico da casa de Savoia. A súa onomástica segundo o santoral católico celébrase o 7 de agosto (en lembranza da beata raíña Mafalda de Portugal), ou o 2 de maio (en lembranza da beata Mafalda abadesa de Arouca).
En xaneiro de 2023 existían 33 mulleres en Galicia co nome Mafalda, cunha media de idade de 19,4 anos.Nome Mafalda na Web do Instituto Galego de Estatística
Mafalda noutras linguas Castelán: Mafalda Catalán: Mafalda Italiano: Mafalda Portugués: Maude / Mafalda
Personalidades Existiron estas persoas con este nome:
Mafalda de Savoia, raíña de Portugal, casada con Afonso I de Portugal (1125 - 1158); a súa filla, a Infanta Mafalda (1149 - 1160); a princesa Mafalda de Savoia, filla de Vítor Manuel III de Italia e da súa muller, Helena de Montenegro (1902 – 1944). a personaxe de banda deseñada Mafalda, creada polo arxentino Quino.
Lugares Ademais, o topónimo Mafalda pode referirse a: a comuna italiana de Mafalda, da provincia de Campobasso.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe xermánica Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos italianos Categoría:Nomes femininos portugueses