miniatura|250px|Detalle dun estandarte do corvo no Tapiz de Bayeux. O estandarte do corvo (en nórdico antigo, hrafnsmerki; en anglosaxón, hravenlandeye) foi unha bandeira posibelmente de natureza totémica empregada por varios xefes tribais viquingos e outros rexentes escandinavos entre os séculos IX e XI. A bandeira é descrita na arte nórdica de forma aproximadamente triangular, co bordo externo redondeado, de onde colgan unha serie de lingüetas e borlas. Posúe certa similitude cos cataventos finamente tallados empregados nas proas dos drakkar.

Conxectúrase que o estandarte do corvo era un símbolo do deus da guerra Odín, quen ás veces era descrito en compaña de dous corvos chamados Hugin e Munin, e a súa intención ao portala en batalla puido ser provocar o temor dos inimigos invocando o poder do deus. Como sinala Hrafnhildur Bodvarsdottir con respecto aos encontros entre os anglosaxóns cristiáns e os pagáns invasores escandinavos:*Hrafnhildur Bodvarsdottir. The Function of the Beasts of Battle in Old English Poetry. PhD Dissertation, 1976, State University of New York at Stony Brook. Ann Arbor: University Microfilms International. 1989.

O simbolismo do corvo na cultura escandinava thumb|Casco da era de Vendel cun protector de nariz con forma de corvo, no Museo Histórico de Estocolmo. thumb|Imaxes de corvos nun escudo sueco da era de Vendel, no Museo Histórico de Estocolmo. O corvo é unha figura icónica común na mitoloxía nórdica. O deus maior Odín, tiña dous corvos chamados Hugin e Munin («Pensamento» e «Memoria» respectivamente) que voaban arredor do mundo traéndolle novas de todo o que acontecía. Por iso, un dos moitos nomes de Odín era «deus corvo» (Hrafnaguð). En Gylfaginning, relátase o seguinte: Huginn ok Muninn fljúga hverjan dag Jörmungrund yfir; óumk ek of Hugin, at hann aftr né komi-t, þó sjámk meir of Munin. Hugin e Munin voan todos os días ao redor do mundo; temo por Hugin que non regrese, aínda máis temo por Munin.Edda poética - Grímnismál, estrofas 19 e 20.

Odín estaba tamén estreitamente relacionado cos corvos porque nos mitos nórdicos recibía os guerreiros caídos no Valhalla, e, ao mesmo tempo, os corvos estaban relacionados coa morte e a guerra debido á súa predilección pola prea. Por conseguinte, é probábel que fosen considerados como manifestacións das valquirias, quen escollían os guerreiros mortos en batalla para os levaren xunto a Odín. A relación entre os corvos e as valquirias debíase ao feito de que tanto as deusas como as valquirias adoitaban mudar a súa forma e tomar a aparencia de paxaros. Exemplos diso son Þrymskviða, en que Freyja presta a Loki o seu traxe de paxaro, e o relato da valquiria Kára en Hrómundar saga Gripssonar.

A figura do corvo aparece na maioría dos poemas escáldicos describindo a guerra. Facer a guerra era «alimentar e satisfacer» os corvos (hrafna seðja, hrafna gleðja). Un exemplo disto encóntrase en Norna-Gests þáttr, onde Regin recita o seguinte poema logo de que Sigurd matase os fillos de Hunding: Nú er blóðugr örn breiðum hjörvi bana Sigmundar á baki ristinn. Fár var fremri, sá er fold rýðr, hilmis nefi, ok hugin gladdi.Agora a aguia de sangue, coa ancha espada, o asasino de Sigmund, tallada nas súas costas. Poucos foron máis valentes, cando as tropas se dispersaron, un xefe do pobo, quen fixo ao corvo feliz.Norna-Gests þáttr, capítulo 6. miniatura|O escudo da Illa de Man, un antigo reino dominado polos nórdicos; nótese a presenza do corvo sostendo o escudo á dereita. Nos kenningar empregados na poesía nórdica, descríbese o corvo como un paxaro de sangue, cadáveres e batallas; é a gaivota da onda na pía de cadáveres, cuxos chíos se estrelan como sarabia e ansía a carne na mañá cando chega ao mar de corpos (Hlakkar hagli stokkin már valkastar báru, krefr morginbráðar er kemr at hræs sævi).

En negras bandadas, os corvos planean sobre os cadáveres e o escaldo pregunta a onde se dirixen (Hvert stefni þér, hrafnar, hart með flokk hinn svarta?). O corvo vai na procura do sangue dos caídos en batalla (Ód hrafn í valblóði).Stanza 2, en Krákumál, citado en Hjelmquist 143. Voa dende o campo de batalla con sangue no seu peteiro, carne humana nas súas gadoupas e o cheiro dos cadáveres na súa boca (Með dreyrgu nefi, hold loðir í klóum en hræs þefr ór munni). Os corvos tiveron cada vez máis connotacións infernais e, nunha obra cristiá tan temperá como Sólarljóð, menciónase que os corvos de Hel (heljar hrafnar) arrincan os ollos dos insolentes. Dúas maldicións na Edda poética din «que os corvos arrinquen o teu corazón partido en dous» (Þit skyli hjarta rafnar slíta). e «os corvos arrínquenche os ollos na alta forca» (Hrafnar skulu þér á hám galga slíta sjónir ór). Son entón vistos como instrumentos de xustiza divina cando esta era severa e desagradábel.

Malia as violentas e infernais imaxes coas que eran asociados, os primeiros escandinavos vían os corvos como figuras positivas; a batalla e a xustiza severa non eran vistas de forma desfavorábel na cultura nórdica. Moitos nomes en nórdico antigo fan referencia ao corvo, tales como Hrafn, Hrafnkel e Hrafnhild.

Usos Finais do século IX O estandarte do corvo foi usado por varios señores da guerra viquingos segundo a tradición nórdica, como os fillos de Ragnar Lodbrok. A primeira mención dunha forza viquinga levando un estandarte do corvo é na Crónica anglosaxoa. Por volta do ano 878, a Crónica relata: E no inverno deste mesmo ano, o irmán de Ivar e Halfdan arribou a Wessex, en Devonshire, con 23 naves, e alí foi asasinado, e 800 homes xunto a el, e 40 do seu exército. Alí tamén foi tomada a bandeira de guerra (guðfani), que eles chamaban "Corvo". Os Anais de Saint Neots do século XII afirman a presenza dun estandarte de corvo no Grande exército pagán e dá a entender as influencias do seiðr (bruxería) na súa creación, así como a súa natureza totémica e oracular: Dicunt enim quod tres sorores Hynguari et Hubbe, filie uidelicet Lodebrochi, illud uexillum tex'u'erunt et totum parauerunt illud uno meridiano tempore. Dicunt etiam quod, in omni bello ubi praecederet idem signum, si uictoriam adepturi essent, appareret in medio signi quasi coruus uiuus uolitans; si uero uincendi in futuro fuissent, penderet directe nichil mouens — et hoc sepe probatum estAnnals of St Neots (878), ed. Dumville and Lapidge, p. 78.Dise que as tres fillas de Hingwar e Habba [Ivar e Ubbe], i.e., as fillas de Ragnar Loðbrok, teceron este estandarte e rematárono durante un só mediodía. Tamén se di que se ían obter a vitoria nunha batalla seguindo ese símbolo, un vería no centro do símbolo un corvo batendo suavemente as ás. Pero se ían ser derrotados, o corvo caía inmóbil. E isto sempre se demostrou certo.Lukman 141Cf. primeira edición e tradución de Grimm en inglés: "The daughters of Loðbrók had woven that banner and finished it during one single midday's time. It also is said that in any battle where the signum was borne before them, if they were to win victory one would see in the middle of the signum a living raven flying; but if they were about to be defeated, it hung straight and still." Grimm ch. 35

Estorie des Engles de Geoffrey Gaimar (escrita arredor do ano 1140) menciona unha bandeira hrafnsmerki sendo levada polo exército de Ubbe na batalla de Cynwit (878): "o corvo era o estandarte de Ubbe (gumfanun). El era o irmán de Iware; foi enterrado polos viquingos nun montículo moi grande en Devonshire, chamado Ubbelawe."Lukman, 141–42.

Século X miniatura|Posíbel representación do estandarte do corvo no reverso dun céntimo acuñado por Olaf Cuaran (c. 940). miniatura|202x202px|Un "corvo coas ás despregadas" nunha moeda acuñada por Olaf Cuaran (940s), que "semella representar o estadarte de guerra viquingo, o corvo, probablemente derivado da aguia romana."Herbert Appold Grueber, Handbook of the coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres/Oxford: British Museum. Dept. of Coins and Medals & the Clarendon Press, 1899, p. 20 (no. 117). |esquerda

No século X, semella que o estandarte do corvo foi adoptado polos reis hiberno-nórdicos de Dublín e Northumbria. Moitas das dinastías hiberno-nórdicas de Gran Bretaña e Irlanda foron do clan Uí Ímair, que dicía descender de Ragnar Lodbrok a través do seu fillo Ivar.

Unha bandeira triangular que representa unha ave (posiblemente un corvo) aparece nun penique acuñado por Olaf Cuaran arredor do ano 940. A moeda ten un estandarte aproximadamente triangular isóscele situado á dereita, cos dous lados equiláteros situados na parte superior e na do mastro. No longo da hipotenusa hai unha serie de cinco pestanas ou borlas. O mastro está coroado polo que semella ser unha cruz; isto podería indicar unha fusión do paganismo e do simbolismo cristián.

O estandarte do corvo tamén foi usado como bandeira de guerra polos Jarls das Orcadas nórdicos. Segundo a Saga Orkneyinga, foi creado por Sigurd o Forte para a súa nai, unha völva ou vidente xamánica. Ela díxolle que o estandarte "lle daría a vitoria ao home que o levase por diante, pero morte ao seu portador". A saga describe a bandeira como "un estandarte finamente elaborado, moi habilmente tecido coa figura dun corvo, e cando o estandarte era abaneado pola airexa, semellaba que o corvo estivese a voar por diante". A predición da nai de Sigurd fíxose realidade cando, de acordo coas sagas, todos os portadores do estandarte tiveron mortes prematuras.Orkneyinga Saga § 11. A "maldición" do estandarte finalmente recaeu sobre o propio Jarl Sigurd na batalla de Clontarf: O jarl Sigurd tivo unha dura batalla contra Kerthialfad, e Kerthialfad avanzou tan axiña que derrubou a todos os que estaban na liña da fronte, rompeu a formación do jarl Sigurd até que alcanzou o estandarte e matou ao seu protador. Sigurd fixo que outro home portase o estandarte, e de novo houbo unha dura loita. De inmediato, Kerthialfad feriu a este hombre cun golpe mortal, e así un tras outro os que estaban preto del. Logo o jarl Sigurd chamou a Thorstein, o fillo de Síðu-Hallur, para que levase o estandarte, e Thorstein estaba a piques de erguelo cando Asmund o Branco dixo, "Non leven o estandarte! Porque todos os que o levan conseguen a súa morte". "Hrafn o Vermello" chamou polo jarl Sigurd e díxolle "leva ti o estandarte". "Leva ti o teu propio demo". Logo o jarl respondeu, "É o axeitado que o mendigo leve a bolsa;'" e despois tomou o estandarte do seu mastro e púxoo debaixo da súa capa. Pouco despois de que Asmund o Branco acabase morto, o jarl foi atravesado cunha lanza.Njal's Saga §156.

Comezos do século XI miniatura|Detalle do Tapiz de Bayeux, amosando un cabaleiro normando o que semella ser un estandarte do corvo. O exército do rei Canuto o Grande de Inglaterra, Noruega e Dinamarca levaba un estandarte do corvo feito con seda branca na batalla de Assandun no ano 1016. O Encomium Emmae informa que Canuto tiña [...] unha bandeira que lle deu un presaxio marabilloso. Son moi consciente de que isto pode parecer incrible para o lector, mais insíroo no meu traballo veraz porque é certo: este estandarte estaba tecido coa seda máis limpa e branca e non había ningunha imaxe nel. Porén, en caso de guerra sempre se vía un corvo, como se estivese entretecido. Se os dinamarqueses ían gañar a batalla, o corvo aparecía co peteiro completamente aberto, batendo as súas ás e inquedo sobre os seus pés. Se ían ser derrotados, o corvo non se movía en absoluto, e as súas extremidades penduraban inmóbiles.Trætteberg 549–55.

En Vidas de Waltheof e do seu pai Sivard Digri (o Forte), o conde Northumberland, obra escrita por un monxe da abadía de Crowland (posiblemente o historiador inglés William de Ramsey), cóntase que ao jarl dinamarqués de Northumbria, Sigurd, foille entregado un estandarte por un vello sabio non identificado. O estandarte era chamado Ravenlandeye.Lukman 148. The Crowland author comments on the name of the banner, "quod interpretatur corvus terrae terror," "which means Raven, terror of the land."