Carlos Francisco Delfino, nado o 29 de agosto de 1982 en Santa Fe, Arxentina, é un xogador profesional de baloncesto que actualmente é axente libre. Foi unha das figuras da selección arxentina que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e a medalla de Bronce en Pequín 2008. Mide 1,98 metros e pesa 104,3 quilogramos.

Traxectoria profesional Foi elixido vixésimo quinto na primeira rolda do draft da NBA por Detroit Pistons no Draft de 2003. É o único xogador arxentino da historia que foi elixido nesta rolda. Na tempada 2007-08 da NBA xogou para os Toronto Raptors, onde cumpriu a súa mellor campaña na NBA no seu rol de sexto home. Na tempada 2008-09 marchou a Europa a xogar no Khimki BC da Superliga rusa onde se converteu nun dos xogadores mellor pagados de Europa.

O 18 de agosto de 2009, os Raptors asinaron e traspasaron a Delfino ós Milwaukee Bucks xunto a Roko Ukić, a cambio de Amir Johnson e Sonny Weems.

O 20 de agosto de 2012, Delfino asinou un contrato cos Houston Rockets.

O 17 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Milwaukee Bucks.Bucks Sign Free Agent Guard-Forward Carlos Delfino

Selección Arxentina Debutou na selección o 13 de xullo de 2004 contra Paraguai no Suramericano de Campos do Brasil. As súas presenzas internacionais en seleccións foron no Suramericano de Cadetes de 1997 e 1998, Suramericano Xuvenil do 2000, Panamericano Sub 21 de 2000, Mundial Sub 21 de 2001, Suramericano 2004, Xogos Olímpicos de 2004, Torneo Preolímpico de 2007 e Xogos Olímpicos de 2008.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Carlos Delfino en NBA.com Estatísticas de Carlos Delfino

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da Arxentina Categoría:Nados en 1982 Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto