Robert Bernard Altman, nado o 20 de febreiro de 1925 en Kansas City e finado o 20 de novembro de 2006 nos Ánxeles, foi un director de cinema norteamericano. En 2006, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas recoñecei o seu traballo cun Premio Honorífico da Academia. Os seus filmes MASH e Nashville foron seleccionados para a súa conservación no Rexistro Cinematográfico dos Estados Unidos de América.
Traxectoria Altman naceu en Kansas City, Missouri, fillo de Bernard Clement Altman e Helen Mathews. De ascendencia alemá, inglesa e irlandesa, o seu avó paterno, Frank Altman, Sr., cambiou o apelido de "Altmann" a "Altman". Altman tivo unha estrita educación católica. Estudou no colexio St. Peter's School, en Rockhurst High School e en Southwest High School en Kansas City, e foi logo enviado á academia militar Wentworth Military Academy nos arredores de Lexington, Missouri, onde estivo durante os seus primeiros anos universitarios. En 1943, entrou nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), sendo foi copiloto dun bombardeiro B-24 durante a segunda guerra mundial. Durante esta época Altman viu as primeiras luces de Hollywood e namorouse delas. Despois do seu retiro en 1947 mudouse aos Ánxeles e seguiu unha carreira como actor, director e guionista.
Tras varios fracasos como director e dedicarse á dirección de televisión en series como Bonanza ou Alfred Hitchcock Presents, coñeceu o éxito grazas ao filme M*A*S*H (1970), sátira da guerra de Corea que logrou a Palma de Ouro no Festival de Cannes. A partir de aquí desenvolveu unha carreira ascendente que, con subidas e baixadas, o converteu nun dos directores estadounidenses máis orixinais da segunda metade do século XX.
O seu emprego do movemento continuo das cámaras e o cinema coral son referentes no seu estilo e crearon escola.
Filmografía
The Delinquents, The James Dean Story, 1957 Countdown, 1968 That Cold Day in the Park, 1969 M*A*S*H, 1970 Brewster McCloud, 1970 McCabe e a Sra. Miller, 1971 Imaxes, 1972 Longo adeus, 1973 Thieves like us, 1974 California Split, 1974 Nashville, 1975 Buffalo Bill and the Indians, 1976 3 Women, 1977 A Wedding, 1978 A perfect couple, 1979 HEALTH, 1979 Quinteto, 1979 Popeye, 1980 Come Back to the Five and Dime, Jimmy Dean, Jimmy Dean, 1982 Streamers, 1983 Secret Honor, 1984 Fool for Love, 1985 Máis alá da terapia, 1987 O.C and the Stiggs, 1987 Vincent & Theo, 1990 The Player, 1992 Short Cuts, 1993 Prêt-à-Porter, 1994 Kansas City, 1996 The Gingerbread Man, 1998 Cookie's Fortune, 1999 Dr. T and the Women, 2000 Gosford Park, 2001 The Company, 2003 A Prairie Home Companion, 2006
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rafal Syska, Keep the Distance. Film World of Robert Altman, Rabid, Cracow 2008. ISBN 978-83-60236-36-9 Ligazóns externas Entrevista para Reverse Shot Entrevista co director a cargo de Gerald Peary Obituario no The Guardian Robert Altman Bibliography (via UC Berkeley)
Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Finados por leucemia Categoría:Óscar honorífico