miniatura|Publicidade da Dinahosting no polígono da Grela-Bens da Coruña. Dinahosting S.L. é unha empresa galega dedicada ao rexistro de dominios, hosting, VPS e servidores dedicados. Fundouse no ano 2001 e ten a súa sede en Santiago de Compostela.
É a única compañía de Galiza autorizada pola ICANN ao rexistro de dominios (en toda España só hai unha ducia de empresas habilitadas), e é tamén axente autorizado por ESNIC para os dominios .es, ademais de membro de RIPE (a entidade europea que xestiona a asignación de IPs).Dossier de prensa Consultado o 8 de febreiro de 2010. Dende o 2007 os seus servidores están localizados no centro de datos Interxion,Dinahosting traslada o seu CPD a Interxion Consultado o 30 de maio de 2012. en Madrid.
Outros datos No inverno de 2009, Dinahosting utilizou a imaxe do Apalpador, unha figura mítica do Nadal galego, na súa campaña publicitaria "O milagre da firma galega de dominios" , noticia publicada por A Nosa Terra Consultado o 8 de febreiro de 2010..
Ten servizos de atención e tradución en todas as linguas oficiais de España (galego, castelán, vasco e catalán), ademais de en inglés e portugués.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web Páxina web en archive.org
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Dominios de Internet Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Economía de Galicia sen imaxes