David Añón González, nado na Coruña o 3 de abril de 1989, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Coruxo, da Segunda División RFEF.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, xogando cedido tamén no Montañeros CF. Na tempada 2009/10 xogou co Fabril en Terceira, conseguindo o ascenso, e comezou a recibir as súas primeiras convocatorias co primeiro equipo.
O 20 de xaneiro de 2010 debutou co primeiro equipo da man de Miguel Ángel Lotina, nun partido da Copa do Rei contra o Sevilla en Riazor, que acabou en derrota por 0-3. Un mes despois debutou en Primeira División, nun partido contra o Villarreal CF. Na tempada 2010/11 xogou co filial en Segunda B, marcando 9 goles pero o equipo de Tito Ramallo perdeu a categoría ao remate da tempada.
O 14 de xullo de 2011 fichou polo Albacete, tamén de Segunda B, no que permaneceu un ano, fichando no verán de 2012 polo filial do Celta de Vigo, o Celta B, da Terceira División. Co equipo vigués logrou o ascenso a Segunda B, categoría na que militou durante a tempada 2013/14, antes de fichar polo Boiro. Tras unha tempada en Boiro, onde marcou 9 goles, pasou ao Somozas, de Segunda B, onde marcou 10 tantos, acabando no oitavo posto do grupo I.
En 2016 fichou polo Pontevedra CF, onde coincidiu con outros dianteiros como Ferrer, Marcos ou Mario Barco, co que xa xogara no Somozas. Militou dúas tempadas no equipo de Luisito no grupo I da Segunda B, e no 2018 decidiu saír ao estranxeiro. Fichou entón polo Katowice, da I liga, a segunda división de Polonia.
Regresou a Galicia en 2019, fichando polo Coruxo, da Segunda B. Militou un ano no club dirixido por Míchel Alonso, e os dous seguintes no Talavera de la Reina, o último deles na nova Primeira División RFEF. No verán de 2022 regresou ao Coruxo, da Segunda RFEF.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en lapreferente.com .
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CD Boiro Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do GKS Katowice Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do CF Talavera de la Reina Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes