José Antonio Rodríguez Fernández, nado en Taraza (Valdoviño) o 2 de febreiro de 1937 e finado o 5 de novembro de 2023, foi un político e militar galego. Foi alcalde do seu concello dende o 1999 ó 2003 baixo as siglas do Partido Popular.

Traxectoria Aos 17 anos ingresou como mariñeiro voluntario na Armada Española, na que logo de pasar polas Escola de Máquinas da Armada de Ferrol e a Escola Naval de Marín acada as categorías de suboficial e oficial respectivamente. Logo de exercer como xefe de máquinas nos destrutores Jorge Juan e Blas de Lezo, pasa á reserva activa co rango de capitán de corveta.

Nas eleccións municipais de 1995 entra por vez primeira na vida política municipal. Se ben foi proposto como candidato do PPdeG polo seu comité local, o rexeitamento da executiva provincialLa Voz de Galicia, Ferrol, 12-4-1995, p.36. supuxo que encabezase unha candidatura independente coa que foi primeiro tenente de alcalde nun goberno en coalición co PSdeG-PSOE. Repetiu a candidatura independente nas eleccións de 1999 e obtivo a alcaldía, pese a sela terceira forza política, ó logralo apoio do PPdeG (primeira forza) e integrarse previamente neste partido co seu equipo. Foi candidato popular nas municipais de 2003 pero, aínda que foi a forza máis votada, perdeu a alcaldía dado o acordo entre Centristas de Valdoviño e PSdeG.

Nas municipais de 2007 concorreu en cabeza de Unión de Independientes de Valdoviño, formación que logrou un concelleiro pero que foi chave de goberno formando un tripartito con Terra Galega e o PPdeG. Nas municipais de 2011 foi o número 2 de Converxencia Galega e formou parte do goberno co PPdeG e Unidos por Valdoviño dende febreiro de 2013PP, Converxencia Galega y Unidos por Valdoviño pactan un gobierno tripartito. Debido a este pacto foi expulsado do partido co seu compañeiro e integrouse na lista do PPdeG nas municipais de 2015, sendo elixido concelleiro pero pasando á oposición debido á vitoria do PSdeG-PSOE. Volveu formar parte da lista popular nas municipais de 2019 pero non resultou elixido dado o descenso do partido.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Valdoviño

Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2023