dereita|miniatura|300px|Mapa das illas croatas. Croacia ten 698 illas, 389 illotes e 78 arrecifesPdf , o cal fai do arquipélago croata o segundo máis importante do mar Mediterráneo (despois do grego) . As illas de Croacia teñen en total 4058 km de costa. Illas habitadas As illas de Croacia están habitadas desde a Grecia antiga (Hvar xa estaba habitada entre o -3500 e o -2500 ). Hoxe 47 das 698 illas de Croacia están habitadas, en tanto que nelas reside canto menos unha persoa de forma permanente. Algunhas fontes dan a cifra de 66 illas habitadas pero ese é o número de illas cunha habitación, 19 desas illas perderon os seus habitantes en razón da insuficiente actividade económica Pdf . As principais actividades económicas nas illas de Croacia son a agricultura (principalmente a viticultura e o cultivo da oliveira), a pesca e o turismo. A economía está relativamente subdesenvolvida e por consecuencia o goberno dá un certo número de axudas e de proteccións grazas ao Zakon o otocima a fin de estimular a economía das illas. Estas axudas inclúen descontos no prezo dos ferris ou no das pontes. miniatura|O porto da vila de Hvar, na illa de Hvar. miniatura|Unha praia da illa de Brač. miniatura|O arquipélago das Kornati. miniatura|Un bosque na illa de Vis. miniatura|A illa de Rab. miniatura|Unha viña na illa de Vis. As illas As máis grandes aproximadamente de noroeste a sueste son: Costa norte As illas Brijuni (son un parque nacional). Krk (ten un aeroporto internacional). Plavnik. Cres. Lošinj. Ilovik. Unije. Susak (cun dialecto característico). Prvić. Sveti Grgur. Goli otok (anteriormente coñecida como prisión). Rab. Pag (coñecida polo seu queixo e o seu sal mariño). Olib. Silba. Premuda. Ist. Molat. Dalmacia norte Vir Dugi Otok. Ugljan. Iž. Pašman. Arquipélago Kornati (parque nacional). Krapanj. Murter. Sestrunj. Skarda. Zlarin. Dalmacia central e sur Čiovo. Drvenik. Šolta. Brač (coñecida pola súa canteira de pedra). Hvar (zona moi asollada). Vis (habitada desde a antiga Grecia, antes base naval). Biševo. Brusnik. Jabuka - unha das illas máis pequenas no mar Adriático, a máis próxima a Italia. Svetac. Korčula (unha das máis populares). Lastovo. Mljet (inclúe un parque nacional). Illas Elaphiti - Koločep, Lopud, Šipan. Lokrum (xusto nas aforas do porto de Dubrovnik). Palagruža (pequena, a máis ó sur). Žirje. Žut.

Todas as illas son turísticas hoxe en día.

Hai dúas penínsulas, tamén, Istria e Pelješac Lista por tamaño As illas máis grandes, en orde decrecente son: Cres, 405´7 km². Krk, 405´2 km². Brač, 396 km². Hvar, 299´7 km². Pag, 285 km². Korčula, 279 km². Dugi otok, 124 km². Mljet, 100´4 km². Rab, 93´6 km². Vis, 90´3 km². Lošinj, 74´4 km². Pašman, 63 km². Šolta, 51´9 km². Ugljan, 50´2 km². Kornat, 50 km². Lastovo, 46 km². Brijuni, 36´3 km² (grupo). Vir, 31´3 km². Čiovo, 28´8 km². Olib, 25´6 km². Murter, 18´7 km². Unije, 17 km². Šipan, 16´5 km². Silba, 15 km².

Lista incompleta de illas

Notas

Categoría:Illas de Croacia Croacia