A European Shield (tamén coñecida como Parker Pen Shield debido ao seu patrocinador) foi a terceira competición en importancia do rugby en Europa que se disputou entre o 2002 e o 2005. A European Shield foi un torneo de repesca para os equipos eliminados na primeira rolda da European Challenge Cup durante a etapa na que esta competición se xogou baixo o formato de eliminación directa. O nome de "European Shield" fora previamente empregado para a rebautizada European Challenge Cup.
Durante a tempada 2004-2005, a que foi a súa derradeira edición, os equipos eliminados da European Challenge Cup, enfrontáronse a equipos que non participaran nesa copa como foron o Bucuresti (Romanía), UCM Madrid (España), Bera Bera Rugby Taldea (España) e o Lisboa Rugby Club (Portugal).
Esta competición, viu a luz co troco no formato da European Challenge Cup na tempada 2002-03. A Challenge pasou dun formato de grupos a un formato de eliminación directa. A Shield foi creada para que os equpos eliminados na primeira rolda puideran continuar a súa andaina europea. Unha nova reforma da Challenge na tempada 2005-06, reintroduciu o sistema de grupos, incrementando o número de equipos participantes de 20 a 32, provocando a desaparición da European Shield.
O nome de European Shield, e máis particularmente o de Parker Pen Shield, foi o nome orixinario da European Challenge Cup, mais trala reforma da copa en 2002-03, esta competción foi rebautizada co actual European Challenge Cup, gardando o mesmo xeito de selección e status de segunda competición en importancia de Europa. Esta reforma xerou unha nova copa que recibiu o nome de European Shield, aínda que non tivera nada que ver coas edicións anteriores desa competición. É por iso que as edicións precedentes da antiga European Shield teñen o seu palmarés na European Challenge Cup, xa que esta é a competición que a sucedeu.
En tódalas edicións o dominio francés foi total, gañando nas tres edicións que se disputaron, equipos desta nacionalidade. Nunca un equipo conseguiu revalidar o título.
Palmarés Por Tempadas Data da Final Campión FinalistaResultado Sede da Final Espectadores25 de maio de 2003 Castres Olympique20px| Caerphilly40-12Madejski Stadium, Reading3.50021 de maio de 2004 Montpellier RC Viadana25-19Stadio Sergio Lanfranchi, Parma2.55323 de maio de 2005 FC Auch Worcester Warriors23-10Kassam Stadium, Oxford2.823
Por clubs Ránking Club Número de títulos Último Título Finais perdidas Última derrota na final 1 Castres Olympique 1 2003 0 - FC Auch 1 2005 0 - Montpellier RC 1 2004 0
Por país Ránking País Vitorias Finais perdidas 1 Francia 3 0 2 Inglaterra 0 1 - Italia 0 1 - 20px Gales 0 1
Estatísticas
Máis títulos: Castres Olympique, FC Auch e Montpellier RC (1) Máis finais disputadas: Castres Olympique, FC Auch, Montpellier RC, Caerphilly, Rugby Viadana e Worcester Warriors (1) Meirande diferenza de puntos na final: 28 (Castres Olympique 40-12 Caerphilly en 2003) Meirande número de puntos marcados na final: 52 (Castres Olympique 40-12 Caerphilly en 2003) Menor diferenza de puntos na final: 6 (Montpellier RC 25-19 Rugby Viadana en 2004) Menor número de puntos na final: 33 (FC Auch 23-10 Worcester Warriors, en 2005)
Véxase tamén European Rugby Cup European Challenge Cup Copa de Europa de rugby Top 14 Guinness Premiership Magners League Super 10 Liga Española de rugby Campionato portugués de rugby
Ligazóns Site oficial (en Inglés) Ránking non oficial de clubs europeos
Categoría:Competicións de clubs de rugby