Paul Tortelier, nado o 21 de marzo de 1914 e finado o 18 de decembro de 1990, foi un compositor e violoncellista francés.

Traxectoria Tortelier naceu en París. Seus pais animárono na aprendizaxe do violoncello, e aos 12 anos entrou no Conservatorio de París. Gañou o primeiro premio de violoncello no Conservatorio cando tiña 16 anos, e comezou a dar clases de harmonía con Jean Gallon.

En 1935, entrou na Orquestra Filharmónica de Monte Carlo, na que estivo ata 1937. Deu concertos baixo a batuta de Bruno Walter e Arturo Toscanini, e tocou tamén a parte de solista en Don Quixote de Richard Strauss. Esta obra asociouse dende aquela a Tortelier, quen a tocou en numerosos concertos e a gravou.

Véxase tamén Ligazóns externas cellist.nl: Biografía de Tortelier cello.org: Biografía de Tortelier CD May Music Save Peace

Categoría:Músicos de Francia Categoría:Violonchelistas de Francia Categoría:Compositores de Francia Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en París