300px|dereita|miniatura|A IXSUD conta con dúas misións en Portugal: Lisboa e Porto.

As primeiras reunións da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días realizadas en Portugal foron dentro das Forzas Armadas dos Estados Unidos estacionadas no país a principios de 1970. Máis tarde, en 1974, o Presidente da Igrexa Spencer W. Kimball visitou Portugal e recibiu a confirmación de que a Igrexa sería recoñecida e que os misioneiros podían comezar a traballar no país.

En novembro de 1974, o élder William Grant Bangerter do Setenta chegou a Lisboa para presidir a recentemente creada Misión Portugal Lisboa. Catro misioneiros foron transferidos dunha misión no Brasil para comezar o traballo. As primeiras reunións da IXSUD foron realizadas na casa dun membro da embaixada canadense que vivía en Portugal.

En xullo de 1975 había 100 membros portugueses e fóronse adherindo até ser 1000 en xullo de 1978. Hoxe hai máis de 38.000 membros organizados en decenas de congregacións locais. Estas congregacións, chamadas ás e ramas, serven como centro de todas as actividades da Igrexa local, incluíndo os cultos dos domingos e clases para os nenos, novos e adultos, homes e mulleres. Actividades durante a semana proporcionan oportunidades de instrución adicional, eventos sociais e ofertas culturais como danza, musicais e teatro ademais de actuacións deportivas. Portugal non posúe ningún templo SUD: o máis próximo atópase en Madrid, o cal é frecuentado pola maioría dos mormóns portugueses.

Actualmente existen 38.188 santos dos últimos días en Portugal, así como 6 estacas, 75 ás e ramas, 2 misións (Lisboa e O Porto) e 23 centros de historia familiarIgrexa Mormona dispón de rexistros até o século XVI en 20 puntos do país.

Relación cos medios de comunicación A Igrexa SUD utiliza un espazo propio na RTP 2 xunto con outras confesións relixiosas. Esta posibilidade atópase amparada pola lei de liberdade relixiosa.

Esta programación consiste nun programa de 7 minutos Fé dos Homens ("Fe dos Homes") e outro de 30 minutos titulado Caminhos ("Camiños").

En 2009 iniciouse un conxunto de programas na radio RDP baseado nos programas de televisión Confesións relixiosas pasan a ter programa na radio pública.

Ligazóns externas Conocer a los mormones Historia de la Iglesia en Portugal Sítio Oficial de la IJSUD en Portugal

Notas

Categoría:Mormonismo