Bieito Iglesias Araúxo, nado en Ourense o 8 de xaneiro de 1957, é un escritor galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes, criouse en Quintián, Coles, cos avós. E licenciado en Historia e exerceu de profesor de lingua e literatura galegas en Santiago de Compostela. Colabora en xornais e revistas como A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos. Traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego.

Obra en galego Novela Vento de seda (1992). Xerais. 144 páxs. A historia escríbese de noite (2001). Galaxia. 156 páxs. Sobre a prostitución en Galicia. A vida apoteósica (2001). Xerais. 160 páxs. Pan e coitelo (2008). Galaxia. 144 páxs. De tema policial. Guías caninos (2019). Aira. Unha gripe cabaluda (2024). Aira. Relatos Aventura en Nassau (1991). Xerais. 88 páxs. Miss Ourense (1994). Editorial Galaxia. 216 páxs. Catro relatos policiais.

Conta os latidos (relatos dunha hora) (1995). Nigra. 61 páxs. O mellor francés de Barcelona (1999) Galaxia. 264 páxs. Dez relatos. Traducida ao castelán, como El mejor francés de Barcelona, en Pulp Books, no 2010. Amor e música lixeira (2004) Galaxia.20x20px Iglesias lendo un fragmento de Amor e música lixeira. 216 páxs. Andanzas sentimentais, amores platónicos e música lixeira. Contos da terra da tarde (2011). Galaxia. 316 páxs. O nariz de Cirano e outros nobelos (2025). Aira Ed. 168 páxs. ISBN 978-84-129879-9-7.

Literatura infanto-xuvenil A noite das cabras do aire (1999). Xerais. 72 páxs.

Ensaio e artigos xornalísticos Barcos a pique(2005). Universidade de Santiago de Compostela. 136 páxs. O que nada non afonda(2010). Amastra-N-Gallar. O ouro de Ourense (2015). Engaiolarte Edicións. 216 páxs. Fotograías de Xulio Gil.

Poesía A última música das cousas (2014). PEN Clube de Galicia.

Traducións As aventuras de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez. Un estudo en escarlata, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez. A face amarela: unha aventura de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez. As memorias de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez. O signo dos catro, de Arthur Conan Doyle, 1995, Galaxia. Con Manuel Vázquez. O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, 1996, Galaxia. Con Manuel Vázquez. O último adeus, de Arthur Conan Doyle, 1996, Galaxia. Con Manuel Vázquez. O val do terror, de Arthur Conan Doyle, 1996, Galaxia. Con Manuel Vázquez. O arquivo de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle, 1997. Con Manuel Vázquez.

Obras colectivas Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990). Sotelo Blanco Edicións. Berra liberdade. Escritores galegos por Amnistía Internacional (1996). Galaxia. 212 páxs. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais. "O relato de Isadora Forxán", en Novo do trinque (1997) BNG. Palabras con fondo (2001). Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A poesía é o gran milagre do mundo (2001). PEN Clube de Galicia. Longa lingua (2002). Xerais. Materia prima: relatos contemporáneos (2002.) Xerais. Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega. Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. Contos da baiuca (2006). Espiral Maior. Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II) (2006). Consello da Cultura Galega. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora. Terras de Ourense, O Ribeiro, O Carballiño (2008). La Voz de Galicia. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos.

Premios Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo no 1988, por Luanda. Premio Merlín no 1999, por A noite das cabras do aire. Premio García Barros de novela no 2001, por A historia escríbese de noite. Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2003, por Comentario ó Apocalipse, ex aequo con Paula San Vicente. Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo no 2004, por Barcos a pique. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria de xornalismo cultural no 2011, concedido en 2012.

Obra en castelán Narrativa Bajo las más bellas estrellas (1999). Algaida (Sevilla) (novela).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega Entrevista en Xornal de Galicia en xaneiro de 2010

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1957 Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Gañadores do Premio García Barros