O AFP Giovinazzo é un equip italiano de hóckey a patíns da localidade de Giovinazzo, na rexión de Pulla. Foi fundado en 1965 e actualmente xoga na Serie A1 italiana, a máxima categoría do hóckey italiano. A súa época dourada foi a finais dos '70 e comezos dos '80.

A tempada 1979-80, o AFP Giovinazzo gaña a Liga italiana e a Recopa de Europa, vencendo claramente ao HC Sentmenat na final. Posteriormente, na tempada 1980-81 o equipo chega á final da Copa de Europa, perdendo na final fronte ao FC Barcelona. A tempada 1982-83 chega á final da Copa CERS, na que caeu fronte ao HC Amatori Vercelli.

O club disolveuse no ano 1997 e posteriormente se refundaría no 2004.

Palmarés

1 Liga italiana: 1979-80 1 Recopa de Europa: 1980

Véxase tamén

Giovinazzo