William Henry Walker, nado o 9 de outubro de 1987 en Huntington, Virxinia Occidental, e anteriormente coñecido coma Bill Walker, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Shiga Lakestars da B.League. Mide 1,98 metros de altura e xoga na posición de ala.
Traxectoria Instituto Walker estudou durante tres anos na North College Hill High School, sendo en todos eles titular no seu equipo, e considerado coma un dos dez mellores escolares do país.scout.com ScoutHoops.com - 2007 College Basketball Recruiting, consultado agosto de 2008 Nese período conseguiu varios galardóns, coma aparecer no segundo equipo All-America da revista PARADE en 2006,parade.com PARADE Magazine All-America Teams 2006 , consultado agosto de 2008 no mellor quinteto dese ano entre os xogadores de instituto para EA Sports,rivals.com StudentSportsBasketball.com - 2006 EA SPORTS Boys All American Team , consultado agosto de 2008 ou no mellor quinteto do estado de Ohio elixido polos adestradores, entre outros galardóns.
Universidade Tras espertar a interese de moitas universidades de primeiro nivel da División I da NCAA, coma Cincinnati, Connecticut, Illinois, Syracuse, Southern California e Texas, Walker finalmente matriculouse na Universidade de Kansas State coma estudante a tempo parcial para poder competir a partir do 16 de decembro, cando comezaba o segundo semestre. Apenas puido disputar seis partidos no seu ano coma novato, xa que en xaneiro de 2007 sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda nun partido ante Texas A&M, da cal tivo que ser operado, perdéndose o resto da tempada.ESPN.com Walker's season comes to an end with ruptured ACL, consultado agosto de 2008 Promediou 11,3 puntos e 4,5 rebotes, gañando en dúas ocasións o premio de rookie da semana e finalmente incluído no mellor quinteto de novatos da Big 12 Conference.NBA.com Bill Walker Prospect Profile , consultado agosto de 2008
Na tempada 2007-08, Walker promediou 16,1 puntos e 6,3 rebotes en 31 partidos disputados. Igualou a súa mellor marca anotadora nun partido o 23 de febreiro de 2008 ante Baylor, anotando 31 puntos e capturando 11 rebotes, que sumados aos do seu compañeiro de equipo Michael Beasley conseguiron 75 dos 86 puntos dos Jayhawks.ESPN.com Kansas State vs. Baylor - Box Score - February 23, 2008, consultado agosto de 2008 No total da súa traxectoria universitaria promediou 14,9 puntos e 5,9 rebotes por partido.thedraftreview.com Ficha de Walker en TDR, consultado agosto de 2008
O 14 de abril anunciou, xunto ao seu compañeiro Michael Beasley a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.Howard Richman, Beasley, Walker declare for NBA draft, The Kansas City Star, consultado agosto de 2008
Estatísticas Tempada P PT TCC TCI %TC TLC TLC %TL 3PC 3PI %T3 REB ASIS ROUB TAP PTS MEDIA 2006-07 6 5 26 65 .400 16 24 .667 0 9 .000 27 5 4 0 68 11.3 2007-08 31 28 181 389 .465 101 137 .737 35 114 .307 196 59 27 17 498 16.1 Totals 37 33 207 454 .456 117 161 .727 35 123 .285 223 64 31 17 566 15.3
Profesional Foi elixido na 47ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Washington Wizards, quen pouco despois traspasarían os seus dereitos aos Boston Celtics.boston.com Taking a shot with J.R. , consultado agosto de 2008 O 22 de agosto asinou o contrato con este equipo, onde levaría o dorsal 12 na súa camiseta.boston.com Celtics sign Bill Walker , consultado agosto de 2008
O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con J.R. Giddens e Eddie House a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry. Foi cortado polos Knicks o 20 de abril de 2012.
O 21 de febreiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Virxinia Occidental Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores do KK Cedevita Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)