Aukena é a 4ª illa máis grande das Illas Gambier na Polinesia Francesa. Aukena atópase a medio camiño entre Mangareva e Akamaru, a 5 km ao sueste de Mangareva. Ten aproximadamente 2´5 km de longo e 0´5 km de ancho, cunha superficie total de 1´35 km².
Foi descuberta por James Wilson en 1797. Un pode ver os vestixios da época misioneira, incluída a igrexa de Saint Raphael construída en 1839. Por outra banda, Aukena é coñecida por ter unha das mellores praias de area branca de Polinesia. Actualmente, ao redor de cuarenta persoas viven na aldea de Aukena.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Illas da Polinesia Francesa