Setouchi (瀬戸内市, せとうちし, Setouchi-shi) é un concello da prefectura de Okayama no Xapón. Está situado ó suroeste da prefectura, na área da provincia histórica de Bizen, e na parte de San'yō da rexión de Chūgoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 125,53 km², a poboación é de 38.202 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 304 h/km².
O concello de Setouchi limita cos concellos de Okayama e Bizen.
Historia A cidade de Setouchi foi fundada pola fusión de 3 concellos de vilas do distrito de Oku (Oku, Ushimado e Osafune) no ano 2004.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Setouchi . Sitio web oficial da cidade de Setouchi .
Categoría:Prefectura de Okayama Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de San'yō