O corvo viaraz (Corvus corone), ás veces corvo pequenoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5., corvo comúnDicionario Digalego corvo ou choia, é unha ave da familia dos córvidos. Posúe unha testa ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa.

Aínda que poden hibridar con Corvus cornix producindo descendencia fértil, últimos estudos (de 2003) levaron a consideralas especies diferentes, debido á notable diferenza de cor na plumaxe, así como á escasa viabilidade xenética dos híbridos.

A súa voz é forte, áspera, con fondo metálico.

O seu niño está composto de paus, máis livián có da gralla cereixeira, faino en árbores ou arbustos. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo.

Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en praderías con esterco.

Galería de imaxes

Mitoloxía Para evitar que Cronos devorase ó seu sexto fillo, Zeus, tal como xa fixera cos anteriores, Rea pariuno agochada nunha cova da illa de Creta. Alí deixouno a criar baixo o coidado das ninfas e os Curetes e foi alimentado con mel e ambrosía. Houbo un home, Céleo, que quixo roubar o mel sagrado, e Zeus castigouno transformándoo nun corvo viaraz.PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Alianza Editorial 3ª ed. 2016. Nota da tradutora Julia García Moreno (px. 54).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8 .

Ligazóns externas

Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta

Categoría:Córvidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia